Henrique IV de Francia: Diferenzas entre revisións

rei de Francia e Navarra
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Enrique IV de Francia"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de xuño de 2018 ás 11:28

Henrique de Borbón, nado en Pau o 13 de decembro de 1553 e finado en París o 14 de maio de 1610, foi rei de Navarra co nome de Henrique III entre 1572 e 1610, e rei de Francia como Henrique IV entre 1589 e 1610, primeiro da casa de Borbón neste país, coñecido como Henrique o Grande (Henri le Grand) ou o Bo Rei (Le bon roi Henri) e copríncipe de Andorra (1572-1610).

A miúdo é considerado polos franceses como o mellor monarca que gobernou o seu país, sempre tentando mellorar as condicións de vida dos seus súbditos. Atribúeselle a frase: «Un pito nas potas de todos os campesiños, todos os domingos», que simplifica perfectamente a súa política de facer feliz ó seu pobo, non só con poder e conquistas, senón tamén con paz e prosperidade. É o referente dos monárquicos franceses, os cales realizan todos os anos unha homenaxe fronte á súa estatua do Pont Neuf (Ponte Nova) de París o día da súa entrada á cidade.

Foille dedicada a marcha «Vive Henri IV» («Viva Henrique IV»), que chegou a ser o himno de facto do reino e o de iure durante a Restauración, e é coñecida aínda hoxe día polos franceses.