Abrir o menú principal

Cambios

Axustes de ligazón interna.
=== O sólido bizantino e o nomisma ===
[[Ficheiro:Solidus_Irene_ConstantineVI.jpg|dereita|miniatura|[[Sólido (moeda)|Sólido]] bizantino ou [[nomisma]] de Irene e o seu fillo [[Constantino VI]], cuñada entre [[793]] e [[797]]]]
[[Ficheiro:Tetarteron_Nikephoros_II._Phokas_963_-_969_4,10g_gepraegt_965_-_969.jpg|dereita|miniatura|[[NomismaTetarteron|Tetarteron nomisma]] de [[Nicéforo II|Nicéforo II Focas]]]]
[[Ficheiro:Histamenon_NIKEPHOROS_II._Phokas_963-969_4,42_g.jpg|dereita|miniatura|[[Nomisma|Histamenon nomisma]] de Nicéforo II Focas]]
[[Ficheiro:GoldBezantHughIOfCyprus1205-1218.jpg|miniatura|120px|[[Besante]] [[Chipre|chipriota]] a nome de [[Hugo I de Chipre|Hugo I]] ([[1205]]-[[1218]])]]
Durante os [[Século VI|séculos VI]] e [[Século VII|VII]], emitiuse unha serie de sólidos cun peso rebaixado de arredor de 3,96 gramos e cunha marca particular, cuxo propósito hoxe se descoñece. Xa no período de [[Teodosio I]] ([[379]]-[[395]]), a creación do medio sólido, denominado'' [[semissis]]'', e especialmente do terzo de sólido ou ''[[tremissis]]'' (1,5 gramos de ouro), este último cuñado en grandes cantidades, converteu a moeda de ouro en máis accesible para a poboación e aumentou a súa difusión nos circuítos económicos.<ref>Alfaro Asíns, C. et al. (2009). "Tremissis" e "Semissis".</ref> Estas dúas novas moedas continuaron a súa produción en Constantinopla ata o período de [[Miguel I Rangabé|Miguel I]] ([[811]]-[[813]]), e en [[Siracusa|Siracusa,]] ata o imperio de [[Basilio I]] ([[867]]-[[886]]).<ref>Petit (1974). Páxina 671.</ref>
 
[[Nicéforo II|Nicéforo II Phocas]] ([[963]]-[[969]]) emprendeu numerosas campañas contra os [[Árabes]] e, para as financiar, creou unha nova variedade do nomisma,denominda ''[[NomismaTetarteron|tetarteron nomisma]]'', que se utilizaba nas transaccións comerciais á par que o nomisma tradicional, aínda que 1/12 máis lixeiro.<ref>Treadgold (1997). Páxina 503.</ref><ref>Hendy (1985). Páxina 507.</ref> Para distinguir as dúas variedades, pasou a denominarse ''[[Nomisma|histamenon nomisma]]'' ao nomisma estándar. Algúns [[Investigación|investigadores]] [[Numismática|numismáticos]] teñen apuntado a posibilidade de que esta redución lle conferise ao nomisma un peso semellante ao do [[dinar]] fatimida, para facilitar o seu uso no comercio internacional. O ''tetarteron'' foi usado ata [[1092]], cando foi substituído por unha moeda de [[cobre]] do mesmo nome que circulou ata mediados do século XIII.<ref>Alfaro Asíns, C. et al. (2009). "Nomisma (2)", "Nomisma histamenon" e "Nomisma tetarteron".</ref>
 
Se o nomisma "pesado" e o nomisma "lixeiro" tiñan nos seus inicios unha mema aparencia, baixo [[Basilio II]] ([[976]]-[[1025]]) caracterizaron na súa forma as súas diferenzas: mentres que o ''tetarteron nomisma'' pasou a ter un tamaño menor, o ''histamenon nomisma'' fíxose máis grande e máis groso. Baixo o [[Lista de emperadores bizantinos|emperador]] [[Constantino VII]] ([[1025]]-[[1028]]) ampliáronse as diferenzas: o tetarteron pasou a ter un diámetro de 18 [[mm]] e un peso de 3,98 gramos, mentres que o ''histamenon'' alcanzou un diámetro de 25 mm e adquiriu unha forma cóncava (o nomisma orixinal, previo á diferenciación, tiña un diámetro de 20 mm). Esta peculiar forma foi ampliada posteriormente ás moedas bizantinas de [[electro]] ([[aliaxe]] de ouro e prata) e de [[billón]] (aliaxe de prata e cobre). Ata o comezo do [[século XI]], o nomisma (tanto o ''histamenon'' coma o ''tetarteron'') mantivo unha pureza case uniforme, cun contido de ouro de entre 23 e 23,5 quilates. A partir do emperador [[Miguel IV]] ([[1034]]-[[1041]]), nado nunha familia de cambistas en [[Paflagonia]] (e que exerceu este oficio antes de casar coa emperatriz [[Zoe]]), houbo unha desvalorización progresiva da moeda bizantino, debida á diminución do seu contido en ouro.<ref>Kazhdan (1991). "Michael IV Paphlagon". Páxina 1.365.</ref> Dunha pureza de 21 quilates (87,5 % de pureza) con [[Constantino IX]] ([[1042]]-[[1055]]), baixou a 18 quilates (75 % de pureza) con [[Constantino X Ducas|Constantino X]] ([[1059]]-[[1067]]), a 16 quilates (66,7% de pureza) con [[Romano IV Dióxenes|Romano IV]] ([[1068]]-[[1071]]), a 14 quilates (58 % de pureza) con [[Miguel VII Ducas|Miguel VII]] ([[1071]]-[[1078]]), a 8 quilates (pureza do 33 %) baixo [[Nicéforo III]] ([[1078]]-[[1081]]) e preto de 0 quilates durante a primeira parte do reinado de [[Aleixo I Comneno|Aleixo I]] ([[1081]]-[[1118]]).
14.795

edicións