Diferenzas entre revisións de «Arantxa Sánchez Vicario»

m
→‎Individual e dobres: Torneo de Roland Garros
(arranxo)
m (→‎Individual e dobres: Torneo de Roland Garros)
Arantxa sacudiu o mundo do tenis cando en [[1989]], sendo 10ª do mundo e apenas coñecida no circuíto, derrotou á número 1 do mundo [[Steffi Graf]] na final do torneo de [[Torneo de Roland Garros|Roland Garros]]. Con esta vitoria, ademais de gañar o título, Arantxa convertíase na xogadora máis nova ata ese momento en gañar o [[Torneo de Roland Garros|Aberto de Francia de Tenis]] (a marca só lle durou un ano, xa que na seguinte edición, a serbia [[Monica Seles]] gañaba o título con tan só 16 anos). A partir dese momento, os partidos entre Steffi e Arantxa converteríanse nun clásico do tenis feminino pola súa dureza e gran xogo. Aínda que Arantxa carecía de talento tenístico compensábao con fartura grazas á súa entrega na pista. Nas semifinais do [[Masters de Canadá]] de [[1989]], Arantxa despachou a [[Gabriela Sabatini]] 3-6, 7-5 e 6-3, antes de perder ante [[Martina Navrátilová]] na final. En [[1992]], Arantxa arroiou a Sabatini na final do torneo de Key Biscayne por 6-1 e 6-4.
 
O ano máis exitoso da xogadora española en categoría individual foi [[1994]], cando gañou oito torneos, entre eles o [[Torneo de Roland Garros|Roland Garros]] por segunda vez e o [[Aberto dos Estados Unidos]].<ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1994/09/11/pagina-33/1296073/pdf.html Colosal]</ref> En [[1998]], gañou o seu terceiro título no [[Torneo de Roland Garros|torneo francés]], completando desta forma, o seu cuarteto de títulos de [[Grand Slam de tenis|Grand Slam]] en categoría individual. Cabe destacar que tamén foi finalista en categoría individual nos catro torneos do Grand Slam. Ese mesmo ano Arantxa Sánchez Vicario é galardoada co [[Premio Príncipe de Asturias dos Deportes]].
 
Sánchez Vicario converteuse na número 1 do mundo no ránking da [[WTA]] na categoría individual en [[1995]] (durante doce semanas). Esta clasificación coincidiu no tempo coa súa primeira posición na categoría de dobres, polo que se converteu na segunda xogadora na historia (a primeira foi [[Martina Navrátilová]] en [[1987]]) en manter simultaneamente o número 1 en ambas as categorías. Só outras tres xogadoras repetiron este feito, [[Martina Hingis]], [[Lindsay Davenport]] e [[Kim Clijsters]].
105.206

edicións