Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Tremissis-Justin_I-sb0058.jpg|miniatura|170px|[[Tremissis]] de Xustino I]]
 
Coñécese como '''moeda bizantina''' a moeda utilizada na [[Imperio Bizantino|parte oriental do Imperio Romano]] logo da caída de [[Roma]] en [[476]], con base en dous tipos principais: o [[Sólido (moeda)|sólido]], de [[ouro]], que pasa a ser chamado [[nomisma]] (o [[Lingua grega antiga|grego]] substitúe o [[latín]] como lingua da [[Administración pública|Administración]]), e diversas pezas de [[bronce]]. A moda de [[prata]], ausente no inicio do [[Imperio Bizantino]] por mor da dificultade de fixar a súa paridade co ouro, fixo a súa aparición a finais do imperio.<ref>Pina, Manuel. "[http://www.tesorillo.com/bizancio/biz_main.htm Introducción a la numismática bizantina]". En ''Tesorillo.com''</ref><ref>Morrisson, C. "[https://www.persee.fr/doc/ephe_0000-0001_1973_num_1_1_5877 Numismatique Byzantinne]". En ''Anuaires de l'École des hautes études''. París, 1974. Páxinas 339-346</ref>
 
Este sistema monetario, no que o nomisma ou sólido bizantino será substituído polo [[hyperpyron]] baixo [[Aleixo I Comneno]], continuou cunha relativa estabilidade ata a caída de [[Constantinopla]], en [[1453]], coa excepción da derradeira etapa do imperio, cando a desvalorización da moeda de ouro obrigou a substituír a moeda deste metal polas de prata e a crear novos valores de cobre.<ref>Cartwright, M. "[https://www.ancient.eu/Byzantine_Coinage/ Byzantine coinage]". En ''Ancient History Encyclopedia''</ref>