Conquista española do Imperio Inca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Os españois xa establecidos no [[Istmo de Panamá]] desde 1517 oían continuamente falar aos habitantes de zona do poder e riqueza dos seus veciños, estas faladurías tiñan a intención de alonxar os españois do seu territorio pero ao comprobaren ser certas moitas destas informacións realizáronse algúnhas exploracións cara o sur sen éxito.
 
[[Francisco Pizarro]] atraído polas novas de riqueza en asociación con [[Diego de Almagro]] con financiamento de [[Hernando Luque]] ofreceuse en [[1524]] ao gobernador [[PedraríasPedrarias Dávila]] para realizar unha expedición cara o sur, tardaron dez meses en prepararen as naves e sairon de porto o [[14 de novembro]] de 1524, a viaxe resultou un fracaso pero como a volta a gobernaduría está vacante saen nunha segunda expedición en 1526 chegando tras diversas penalidades ao norte do [[Imperio Inca]] dando noticias ao voltar de veren unha terra rica, poderosa e ordenada.
 
O propio Pizarro vai a España para perdirlle permiso ao rei para conquistar a terra inca, o [[26 de xuño]] de [[1529]] asínanse as capitulacións nomeando a Pizarro gobernador, a Almagro alcalde de Tumbez e a Luque bispo coa obriga de prepararen unha expedición, Pizarro pasa por [[Estremadura]] para reclutar xente antes de embarcarse para América e xa a comezos de [[1531]] sae a expedición, tres barcos e 180 homes. A expedición foi devagar ata chegar a Tumbez, onde desembarcaron para continuar por terra e o [[15 de novembro]] de [[1532]] entran en [[Cajamarca]], ao día seguinte, [[16 de novembro]], cando o inca [[Atahuallpa]] sae do seu campamento para esixir os casteláns que saian da cidade, Pizarro fai prisioneiro a [[Atahuallpa]], este ofreceulles aos seus captores encher a súa cela de ouro se o liberaban, os españois percorreron o imperio recollendo o ouro e o [[11 de marzo]] de [[1533]] apresaron a [[Chalcuchima]], xeneral inca pero os casteláns tan só dominan Cajamarca, tentando os xenerais libres liberar a praza. O [[24 de xuño]] de 1533 os españois axustizan a Atahuallpa e os nobres elixen en Cajamarca a [[Tupac Huallca]] novo inca. Pizarro e os seus deciden ir cara a capital, [[Cuzco]], levando consigo a Chalcuchima e ao novo inca que morre polo camiño mentres Chalcuchima foi queimado por tentar levantar os seus homes, os españois nomean como novo inca a Manco, o [[15 de novembro]] de [[1533]] entraban na capital do inca.
 
== Marco histórico ==
Para poder entender cona rapidez con que se produciu a conquista hai que ter en conta o estado de descomposición no que se atopaba o Imperio inca pola guerra civil e polo descontento xeral dentro do imperio, o que posibilitou que os españois tiveran como aliados a nobres e señores así como a etnias que tradicionalmente se opuxeran ao expansionismo inca.
 
== Mudanzas sociais, económicas e políticas ==