Diferenzas entre revisións de «Malinche»

m
Lingua
m (→‎Traxectoria: Arranxos varios)
m (Lingua)
Coñécese polos nomes Malintzin, Malinalli (transliteraciones ao castelán do nome orixinal; o sufixo tzin engadíase ao nome para indicar [[xerarquía]] e [[nobreza]]), ou ben A Malinche, que é a forma máis común de referirse a ela. Tamén como Marina, sempre expresado como dona Marina.
 
É indubidábel que, máis aló do seu servizo como intérprete, Malintzin asesorou aosos españois sobre os costumes sociais e [[militar]]es dos nativos, e posibelmente realizou tamén tarefas do que hoxe chamariamos "intelixencia" e "[[diplomacia]]", xogando un papel importante durante a primeira parte da conquista. Tivo un fillo de Cortés, Martín, primoxénito pero ilexítimo; logo daría Cortés o mesmo nome de Martín ao seu primeiro fillo lexítimo, que tivo con [[Juana de Zúñiga]]. Cortés posteriormente en Orizaba casou a Malintzin cun fidalgo, Juan Jaramillo, de quen se sabe que ela tivo outra filla, María Jaramillo. Hai constancia de que Malintzin morrera xa en 1529, por documentos das xestións do seu viúvo para volver casar.
 
Ao parecer Malintzin faleceu enferma de [[vexigas]] por unha [[epidemia]] que houbo en 1528 ou 1529. Tivo un papel relevante na conquista de México. Bernal Díaz del Castillo encomia repetidamente o seu compromiso cos conquistadores e o seu valor na [[batalla]]. Lembra tamén a alegría dos españois cando souberon que Marina sobrevivira á [[Noite Triste]].
11.898

edicións