Diferenzas entre revisións de «Michel de Montaigne»

Arranxo lingüístico en francés.
m (Poño modelo Biografía)
(Arranxo lingüístico en francés.)
Michel Eyquem naceu no [[castelo de Montaigne]], en [[Périgord]], o [[28 de febreiro]] de [[1533]]. Fillo de Pierre Eyquem, un rico comerciante ao que lle foi outorgado o título de señor do castelo de Montaigne -sendo así o expoñente dunha puxante clase burguesa que accedía á [[nobreza]] mediante a compra de títulos nobiliarios para aumentar a súa influencia- e que chegou ser primeiro rexedor de [[Bordeos]]; e de Antoinette Louppes, de ascendencia xudía portuguesa.
 
Pierre preocupouse moito por dar unha boa educación a Michel. Educouno un preceptor alemán que só falaba en latín a fin de que Michel adquirise devandita lingua como materna e o francés como secundaria. No colexio da Guyena (Bordeos) recibiu unha educación acorde co seu estrato social e, máis tarde estudaría Leis na Universidade de Bordeus. Foi conselleiro da Cour deasdes Aides (unha especie de tribunal especializado en impostos) en 1554 e posteriormente -en [[1557]]- formou parte do parlamento bordelés onde estableceu amizade con [[Étienne de La Boétie]], que supuxo para Michel atopar un igual intelectual e un valiosísimo amigo, ata que este morreu seis anos máis tarde.
 
Montaigne casou aos 32 anos con Françoise da Chassage, coa que tivo 6 fillos, dos que só unha filla sobreviviu. En 1568 herdou a propiedade de Montaigne do seu pai e un ano máis tarde finalizou a tradución da ''Theologia Naturales'' de [[Raimundo de Sabunde]]. En [[1570]], abandonou os seus cargos públicos e retirouse ao seu castelo para meditar e escribir, posiblemente albiscando o aumento das tensións e prevendo o conflito entre faccións cristiás que desembocarían na [[matanza do día de San Bartolomeu]] dous anos máis tarde. Nese mesmo ano, en 1572, comezou a redactar os ''Ensaios'', cuxos dous primeiros volumes viron a luz por primeira vez en 1580. Tras esa publicación, no seu afán de coñecer costumes e usos doutras nacións e culturas, emprende unha longa viaxe por Suíza, Alemaña, Austria e Italia -sobre o cal publicaríase o seu Diario de Viaxe en 1774- o cal tivo que interromper ao ser elixido alcalde de Bordeos, cargo que ostentou de 1581 a 1585. En [[1588]], publícase o terceiro volume dos ''Ensaios''. En [[1589]] foi encarcerado na [[Bastilla]], de onde foi liberado por intercesión de raíña nai. Tras isto, retirouse definitivamente ao castelo de Montaigne traballando nunha nova edición dos ''Ensaios''. Faleceu en 1592.
19.866

edicións