Volcán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m nova clave para a Categoría:Volcáns: " " mediante HotCat
m →‎Caldeiras: Colorado, Estados Unidos de América
Liña 86:
As caldeiras de gran tamaño fórmanse cando un corpo magmático [[granito|granítico]] ([[félsico]]) se sitúa preto da superficie curvando deste xeito as rochas superiores. Posteriormente, unha fractura no teito permite ao magma rico en gases e moi viscoso ascender ata a superficie, onde expulsa, de xeito explosivo, enormes volumes de material piroclástico, fundamentalmente cinzas e fragmentos de [[pumita]]. Estes materiais denomínanse coadas piroclásticas e poden atinxir velocidades de 100 km/h. Cando estes materiais se deteñen, os fragmentos quentes fusiónanse para formar unha [[toba soldada]] que se asemella a unha coada de lava solidificada. Finalmente, o teito derrúbase dando lugar a unha caldeira. Este procedemento pode repetirse varias veces no mesmo lugar.
 
Coñécense polo menos 138 caldeiras que superan os 5 quilómetros de diámetro. Moitas destas caldeiras son difíciles de situar, polo que foron identificadas con imaxes de satélite. Entre as máis importantes atópase [[A Garita (caldeira)|A Garita]] cuns 32 km de diámetro e unha lonxitude de 80 que está situada nas [[montañas de San Xoán]] ao sur do [[Colorado, (estado)Estados Unidos de América|estado de Colorado]].
 
=== Erupcións fisurais e chairas de lava ===