Sabela de Hungría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 18:
| santuario principal =
}}
Santa '''Isabel de Hungría''' (en [[Lingua húngara|húngaro]]: ''Szent Erzsébet'', en [[Lingua alemá|alemán]]: ''Elisabeth von Thüringen''), nada en [[Pozsony]], [[Reino de Hungría]] o [[7 de xullo]] de [[1207]] e finada en [[Marburgo]], [[Landgrave|Landgraviato]] de [[Turinxia]] o [[17 de novembro]], [[1231]], foi filla do rei [[Andrés II de Hungría|Andrés II]] ''o Hierosolimitano'' (1175–1235) e a súa muller [[Xertrudis de Merania|Xertrudis de Andechs-Merania]] (asasinada en 1213). Isabel quedou viúva sendo aínda nova, dedicou a súa riqueza aos pobres, construíu hospitais e alí atendeu persoalmente aos necesitados. A partir da súa canonización en [[1236]] converteuse nun símbolo de caridade cristiá pairapara toda Europa, estendéndose o seu culto moi rapidamente e profundamente desde os territorios xermánicos, polacos, húngaros, checos, até os italianos, ibéricos e franceses.
 
== Traxectoria ==
Isabel naceu en [[1207]], froito do matrimonio entre o rei [[Andrés II de Hungría]] e a súa esposa [[Xertrudis de Merania]]. A súa nai era irmá da relixiosa que posteriormente será coñecida como [[Eduviges de Andechs|santa Eduviges de Silesia]]. Isabel creceu na corte húngara xunto aos seus irmáns os príncipes [[Béla IV de Hungría|Béla]], [[Colomán, príncipe real húngaro|Colomán]] e [[Andrés de Galitzia|Andrés.]] En [[1215]] o seu pai tomou unha nova esposa dous anos despois do asasinato da súa nai, e naceu unha única filla, [[Violante de Hungría]] (a posterior esposa do rei [[Xaime I de Aragón]]). En [[1221]] Isabel casou co [[landgrave]] [[Luís de Turinxia-Hesse]] e segundo os rexistros e lendas, o matrimonio estivo caracterizado por un amor correspondido e felicidade. A Luís non lle preocupaba demasiado a repartición da súa riqueza entre os pobres que Isabel adoitaba levar a cabo, xa que cría que o labor caritativa da súa esposa traeríalle unha recompensa eterna; venéralla en [[Turinxia]] como santa. Luís foi un aliado próximo e defensor acérrimo dos [[Dinastía Hohenstaufen|Hohenstaufen]], e en particular do emperador xermánico Federico II, polo cal na primavera de [[1226]], cando Turinxia viuse arrasada por inundacións, fame e unha [[Praga (agricultura)|praga]], Luís representou a [[Federico II Hohenstaufen|Federico II]] na [[Dieta de Cremona]]. Nesta ocasión, Isabel asumiu o control dos seus asuntos e repartiu esmolas por todo o seu territorio, incluso dando vestidos e adornos da corte aos pobres. Debaixo do castelo de Wartburgo, fixo construír un hospital con 28 camas, e visitaba todos os días aos enfermos pairapara atendelos. Nesa mesma época, o [[Inquisición|inquisidor]] [[Konrad von Marburg]] converteuse no seu director espiritual.
 
A vida de Isabel cambiou radicalmente cando Luís morreu por mor da praga o [[11 de setembro]], [[1227]], en Otranto, [[Italia]] cando se dirixía a unirse á Sexta Cruzada conducida por Federico II. Poucos días despois, o [[29 de setembro]], Santa Isabel deu a luz á súa filla, a beata [[Xertrudis de Altenberg]], a cal foi enviada a un claustro das monxas Premonstratenses xunto a Wetzlar, onde foi criada como relixiosa e morreu a unha idade avanzada como abadesa en [[1300]].