Senescencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Senescencia celular: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (2)
Liña 187:
A [[teoría da fiabilidade]] suxire que os sistemas biolóxicos empezan a súa vida adulta cunha gran carga inicial de danos. A teoría da fiabilidade é unha teoría xeral sobre fallos nos sistemas. Permite aos investigadores predicir a cinética dos fallos relacionados coa idade para un sistema cunha determinada arquitectura (estrutura de fiabilidade) e unha determinada fiabilidade dos compoñentes. A teoría da fiabilidade predí que mesmo aqueles sistemas que están compostos enteiramente de elementos non relacionados co envellecemento (cunha [[taxa de fallos]] constante) vanse deteriorar a pesar de todo (fallarán máis a miúdo) co paso do tempo (idade), se estes sistemas son redundantes en elementos insubstituíbles. O envellecemento, por tanto, é unha consecuencia directa dos sistemas.
 
A teoría da fiabilidade tamén predí a [[deceleración da mortalidade na vida tardía]] cunha subseguinte nivelación, e tamén a meseta de mortalidade na vida tardía, como unha consecuencia inevitable do esgotamento da redundancia en idades vellas extremas. A teoría explica por que as taxas de mortalidade se incrementan expeonencialmente coa idade (a [[lei de Gompertz]]) en moitas especies, ao ter en conta os fallos iniciais (defectos) en sistemas de nova formación. Tamén explica por que os organismos "prefiren" morrer seguindo a lei de Gompertz, mentres que os aparellos técnicos usualmente fallan seguindo a lei de [[distribución de Weibull|Weibull]]. A teoría da fiabilidade permite especificar as condicións cando os organismos morren de acordo á [[distribución Weibull|distribución de Weibull]]: os organismos deberían carecer relativamente de fallos e defectos iniciais. A teoría fai posible encontrar unha lei de fallos xeral aplicable a todos os adultos e anciáns de avanzada idade, nos que as leis de Gompertz e Weibull son simplemente casos especiais dunha lei de fallos máis xeral. A teoría explica por que as diferenzas relativas nas taxas de mortalidade de poboacións comparadas (nunha especie determianda) se esvaen coa idade (compensación da lei da mortalidade), e explica a converxencia da mortalidade que se observasdebido ao esgotamento das diferenzas iniciais en niveis de redundancia.
 
== Miscelánea ==