Pascual Veiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 25:
 
== Traxectoria ==
Pascual Veiga naceu en [[Mondoñedo]] o [[9 de abril]] de [[1842]], comezando os seus estudos musicais a unha idade moi temperá como neno de coro da [[Catedral de Mondoñedo]] baixo a dirección de [[José Pacheco]], daquela mestre de capela na catedral mindoniense.<ref name="Mondoñedo">{{Cita web |url=http://www.concellomondonedo.es/portal_localweb/p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp?seccion=s_fdes_d4_v2.jsp&contenido=679&tipo=6&nivel=1400&layout=p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp&codResi=5&language=gl&codMenu=249&codMenuPN=236 |título=Pascual Veiga Iglesias (1842 – 1906) |editoreditorial=Concello de Mondoñedo |dataacceso=21 de febreiro de 2014 |lingua=galego}}</ref> Ao pouco, con 13 anos, comezou a impartir clases na capela catedralicia, primeiramente de solfexo e máis tarde de harmonía.<ref name="Galegos">{{Cita web |url=http://galegos.galiciadigital.com/gl/pascual-veiga-iglesias |título=Pascual Veiga |editorpáxina-web=Galegos |dataacceso=21 de febreiro de 2014 |lingua=galego}}</ref> Foi nesta época cando realizou a súa primeira composición, o ''Septenario á Virxe das Dores''.<ref name="Mondoñedo"/><ref name="Galegos"/>
 
Foi profesor do Conservatorio Nacional de Madrid e fundou e dirixiu varios [[orfeón]]s, cos que recibiu numerosos premios. Co Orfeón Coruñés obtivo a medalla de ouro e as Palmas Académicas durante a [[Exposición Universal de París de 1889]]. Foi organista da Igrexa de San Domingos de Betanzos e da Colexiada[[Colexiata da Coruña]].
 
Está enterrado no cemiterio de Mondoñedo, nun [[mausoleo]] adicado polos seus admiradores e paisanos.