Fernando I de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ortografía
ligazóns internas
Liña 3:
'''Fernando I''', chamado '''«o Magno»''' ou '''«o Grande»''', nado en [[Burgos]] en [[1017]] e finado o [[27 de decembro]] de [[1065]], foi conde de [[Coroa de Castela|Castela]] dende [[1029]], e rei consorte de [[Reino de León|León]] e [[Reino de Galicia|Galiza]] dende o ano [[1037]], sendo unxido como tal o 22 de xuño de [[1038]].
 
Era fillo de [[Sancho III o Maior|Sancho Garcés III de Pamplona]], chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de León polo seu matrimonio con Sancha, irmá do seu rei e señor, [[Vermudo III|Bermudo III]], contra o que se levantou en armas, o cal faleceu sen deixar descendencia loitando contra Fernando na batalla de Tamarón.
 
Os seus primeiro dezaseis anos de reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o seu reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viráronse en guerra aberta. As tropas leonesas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.
Liña 12:
Casou con [[Sancha]], filla de [[Afonso V o Nobre]] e [[Elvira Meendiz]], no 1032. No [[1035]] herdou o condado de [[Coroa de Castela|Castela]] do seu pai [[Sancho III O Maior]], rei de Navarra.
 
No [[1037]] a súa esposa Sancha herdou o [[reino de Galiza]] do seu irmán [[Vermudo III]].O conde lugués Munio Rodríguez e súa nai Ocrocia Gosteez erguéronse contra o rei en 1038.
 
Á súa morte no [[1065]] repartiu as súas posesións entre os seus 5 fillos: entregou o condado de Castela ao seu fillo [[Sancho II de León e Castela|Sancho]], o [[reino de León]] a [[Afonso VI de León e Castela|Afonso]] e o [[reino de Galiza]] a [[García de Galicia|García]]. Ás fillas [[Urraca de Zamora|Urraca]] e [[Elvira]] doou as cidades de [[Zamora]] e [[Toro, España|Toro]], respectivamente.