Estatuto de autonomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
A e e E
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''estatuto de autonomía''' é a norma básica dos distintos gobernos das [[Comunidade autónoma|comunidades autónomas]] do Estado Español, e como tal figura na [[Constitución española de 1978|Constitución Española de 1978]] no seu artigo 81. Nos estatutos recóllese o nome da comunidade, a súa delimitación territorial, os nomes e sedes dos seus órganos autonómicos, as competencias que asumen e as [[lingua oficial|linguas oficiais]] do territorio.
 
== Historia e características ==
Os estatutos de autonomía forman parte do ordenamento xurídico do Estado pero o seu réxime de elaboración e aprobación é diferente do resto de leis orgánicas ou ordinarias. Estas, teñen o rango de [[Lei orgánica]] e polo tanto, necesitan unha votación favorábel da [[maioría absoluta]] dos membros do [[Congreso dos Deputados]] españolEspañol.
 
Hai dúas formas de acceder á autonomía, por medio do artigo 143 da Constitución españolaEspañola, accédese á autonomía "reducida" que foi ideada para as comunidades "non históricas", é dicir, todas aquelas que non aprobaran un estatuto de autonomía durante a [[Segunda República Española|II República]].
 
Poden acceder a ela tódalas provincias contiguas que teñan elementos históricos, culturais e territoriais comúns.<br />Tamén se pode formar unha [[comunidade autónoma]], cando así o exprese o interese xeral, que vén determinado polas Cortes Xerais.