Xosé Manuel Pereiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadir unha obre. Corrixir unha errata. Incluír un enlace
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Wikificar}}
{{Infobox biografía
|nome = {{PAGENAME}}
|imaxe =Xosé Manuel Pereiro.jpg
|imaxe_tamaño = 200px
|descrición =
|data_de_nacemento = 1956
|lugar_de_nacemento = [[Monforte de Lemos]], Lugo
|data_de_falecemento =
|lugar_de_falecemento=
|nacionalidade = {{GALb}} Galego
|ocupación = Xornalista
|cónxuxe =
|sinatura =
}}
 
{{Infobox biografía }}
'''Xosé Manuel Pereiro Sánchez''', nado en [[Monforte de Lemos]] en [[1956]], é un xornalista galego.
 
==Traxectoria==
Xosé Manuel Pereiro Sánchez, naceu en Monforte de Lemos no ano 1956. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Complutense, en 1975 funda a [[Colectivo Loia|Revista Loia]], xunto a outros universitarios galegos afincados en Madrid: [[Antón Patiño Pérez|Antón Patiño]], [[Manuel Rivas]] e o seu irmán [[Lois Pereiro]].  Un fanzine con contidos culturais asociados á contracultura underground, nun tempo de moitos cambios políticos, de experimentación e de procura de novos vieiros de expresión. Anos despois, participará na creación da publicación cultural, alternativa, crítica e irónica, “La Naval” (1986-87), auténtico manifesto da “movida atlántica” que aglutinaba a todos os militantes dese “atlantismo”, dende [[Miguelanxo Prado|Miguel Anxo Prado]], ao poeta Lois Pereiro e colaboradores como [[Diego A. Manrique]] ou José Manuel Costa. Tempos cando Galicia emerxe coma referente de transgresión e modernidade, atraendo todas as miradas e provocando fascinación. Rexurdimento cultural auspiciado polo cambio político materializado nunha nacente autonomía, co seu Estatuto, e na televisión pública galega. Actividades que Xose Manuel compaxina coa de letrista e cantante do grupo de rock [[Radio Océano]]. Fundou e dirixiu a [[Revista Bravú]], editada por [[Edicións Xerais de Galicia|Edicións Xerais]] na década de 1990, e no comité de redacción estaba xente como Manuel Rivas ou [[Manu Chao]]. Destacou como revista de contidos alternativos cunha mirada satírica sobre a realidade do país e nela escribiron persoeiros das artes relacionados co movemento homónimo, maiormente musical, chamado bravú. Entre estes [[Xurxo Borrazás]], [[Gonzalo Navaza]], [[Suso de Toro]], [[Xurxo Souto]], [[Fran Alonso]] ou [[Santiago Jaureguízar]].  Tamén foi coeditor do portal bravu.net.
 
Comezou a súa traxectoria profesional en 1981 escribindo nos xornais galegos [[Faro de Vigo]] e [[La Voz de Galicia]]. Tamén foi desde [[1985]] correspondente do diario [[El País]]. Compaxinou a prensa coa radio ([[Radio Nacional de España|Radio Nacional]] e Ondas Galicia-SER), e coa televisión. Foi guionista e director de programas de televisión na [[Televisión de Galicia|TVG]] (''[[O veciño do xoves]],'' o primeiro programa de [[Xosé Ramón Gayoso]], 1987) e [[Televisión Española|TVE]] (Canal 13 (1988), [[Composteláns]] (1989) e ¡Que Serán? (1999). Foi redactor de informativos de TVE entre [[1988]] e [[2008]]. Xosé Manuel Pereiro foi Decano do [[Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia]]   dende o ano 2008 ata 2016, e hoxe en día é o seu Vicedecano. Na actualidade escribe en ''[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión de A Coruña]]'' e [[CTXT.es|CTXT]] e colabora ocasionalmente en medios como ''Público,'' ''Tinta Libre''. Dirixe con Manuel Rivas a [[revista Luzes]], que ambos fundaron en 2013. Escrita en galego, con mais de cen páxinas e unha tirada mensual, destaca no eido cultural polas súas reportaxes en profundidade e entrevistas sen presas. 
 
Entre as súas obras escritas podemos destacar o seu primeiro libro, ''Si home si'' (2001), onde recolle unha serie de artigos xornalísticos publicados en La Opinión de A Coruña. "Textos narrativos vibrantes, directos, intelixentes, e sobre todo divertidos. Unhas auténticas radiografías do noso tempo que desvelan o que subxace ás noticias do día a día e analizan a súa repercusión na nosa sociedade, dende os cambios dos nosos costumes e forma de vida ata a complexidade da situación política nacional e internacional. É un exercicio dun xornalismo rabudo, que desmonta as falacias de calquera poder ou do comunmente establecido e provoca a reflexión... e o sorriso", segundo a presentación que fai [[Manuel Bragado]] da súa edición en libro. En 2011, xunto con uns vinte autores galegos, publican ''A Praza é Nosa. Quen constrúe a Democracia?'' Obra para a reflexión sobre as orixes, composición, causas e consecuencias do movemento [[15-M|15M,]] co obxectivo de contribuír a enriquecer o debate sobre tan importante movemento cidadán e procurar respostas que poidan axudar a construír unha democracia comprometida co ben común, a solidariedade, a liberdade e a xustiza. Tempo despois, publica a obra ''Prestige. Tal como foi, tal como fomos''<ref>[http://www.20editora.com/index.php/prestige-tal-como-foi-tal-como-fomos.html Prestige. Tal como foi, tal como fomos]</ref> (2014)'','' onde narra, con humor, a catástrofe empezando polo momento no que se recibiu o aviso de emerxencia no Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra ata os acontecementos posteriores. Segundo o autor, o [[Prestige]] foi unha “traxedia” que deu a oportunidade para demostrar a dignidade da sociedade galega.