Diferenzas entre revisións de «Coordinación Democrática»

sen resumo de edición
A coalición xurdiu froito da fusión da [[Junta Democrática de España]] (establecida en 1974 polo [[Partido Comunista de España|PCE]] e distintas figuras vinculadas a [[Juan de Borbón y Battenberg|Don Juan de Borbón]], coa adhesión de [[Comisións Obreiras|CCOO]], [[Partido Socialista Popular (España)|PSP]], [[Partido del Trabajo de España|PTE]], ASA e outras personalidades independentes) coa [[Plataforma de Convergencia Democrática|Plataforma de Converxencia Democrática]] (creada en [[1974|1975]], como reacción á anterior, polo [[Partido Socialista Obrero Español|PSOE]], o [[Movimiento Comunista|Movemento Comunista]], [[Democracia cristiá|democristiáns]] e [[Socialdemocracia|socialdemócratas]]). O organizador da fusión da '''''Platajunta''''' foi [[Antonio García-Trevijano|Antonio García-Trevijano Forte]] e os obxectivos tiñan catro eixes: a [[amnistía]] para presos políticos e sindicais e retorno dos exiliados, exercicio das liberdades políticas e sindicasi, exercicio dos dereitos e liberdades das nacións e rexións do Estados español e a convocatoria de eleccións a [[Asemblea constituínte|Cortes Constituíntes]] e consulta sobre a forma de estado e de goberno. Agás este último punto, esas ideas foron a base do programa de 1976.<ref>Molinero (2014).</ref>
 
Ese mesmo ano, o [[23 de outubro]] de [[1976]],<ref name=":0">Bar (1993), p. 82</ref> Coordinación Democrática ampliouse con novos partidos e organizacións unitarias das rexións con presenza de nacionalismos periféricos -en [[Cataluña]], o Consello ou Comisión Coordinadora de Forzas Políticas de [[Cataluña|Cataluña-]], converténdose na [[Plataforma de Organismos Democráticos]] (POD)'''.'''<ref name=":0" /> O fracaso da mesma prodúcese pola actuación non unitaria de moitos dos seus membros, que á marxe dos obxectivos declarados pola XuntaJunta, negocian co goberno de [[Adolfo Suárez]] o contido da reforma política levada a cabo por este ([[Lei para a Reforma Política]]), traizoando estes o seu máis importante obxectivo desde a Platajunta, a saber: a liberdade constituínte.
== Notas ==
{{listaref}}
13.663

edicións