Mathias Rust: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
Liña 9:
 
Nunca o revelou, pero para os entendidos, desde a costa Báltica só había que voar sobre o tramo da vía férrea para chegar a Moscova, a unha altura moi escasa, fóra do alcance dos radares da defensa antiaérea.
== As consecuencias da aterraxe na Praza Vermella ==
Uns días despois da aterraxe, [[Mikhail Gorbachev]] aproveita este inesperado suceso para substituír ao ministro de defensa [[Serguéi Sokolov]] e ao comandante da defensa antiaérea [[Alexander Koldunov]], antigo as da [[segunda guerra mundial]] (ambos os dous contrarios á [[glasnost]] e a [[perestroika]]), por homes afíns á súa política. Máis de 2000 oficiais (a maioría tamén opostos aos movementos reformistas de Gorbachev) perderon os seus postos. Este movemento foi clave na vitoria sobre os anteriormente feros militares, conservadores e antirreformistas.
 
O xuízo a Rust comezou en Moscova o [[2 de setembro]] de [[1987]]. É condenado a catro anos de traballos forzados por delitos leves de vandalismo, violación das [[leis de aviación civil]] e das fronteiras soviéticas. Tras permanecer en [[prisión]] 432 días no cárcere moscovita de [[Lefortovo]], é posto en liberdade condicional. Volve a [[Alemaña Occidental|Alemaña occidental]] o [[3 de agosto]] de [[1988]] despois de que o Secretario de Estado [[Andréi Gromyko]], actuando como presidente do Soviet Supremo da URSS, asinase o documento que permitiu a Rust recuperar a liberdade.
 
O seu xuízo, en Moscova, deu comezo o [[2 de setembro]] de [[1987]]. Despois dunha sentenza de [[prisión]] de 432 días na Unión Soviética, volveu a Alemaña o [[3 de agosto]] de [[1988]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===