Diferenzas entre revisións de «Gran Premio de Mónaco»

 
=== Antes da guerra ===
A carreira creceu rapidamente en importancia. Debido á gran cantidade de carreiras que se denominaban 'Gran Premio', o AIACR recoñeceu oficialmente á carreira máis importante de cada un dos seus clubs automobilísticos nacionais afiliadas como Gran Premio Internacional ou ''Grandes épreuves'', e en 1933 Mónaco foi clasificado como tal xunto ao [[Gran Premio de Francia]], o [[Gran Premio de Bélxica]], o [[Gran Premio de Italia]] e o [[Gran Premio de España]].<ref>{{Cita web |url=http://www.kolumbus.fi/leif.snellman/gp3301.htm |title=The Golden Era 1933 |accessdate=2007-02-17 |author=Snellman, Leif & Etzrodt, Hans |date=14 Januaryde xaneiro de 2007 }}</ref> A [[Gran Premio de Mónaco de 1933|carreira dese ano]] foi o primeiro Gran Premio no que se decidiron as posicións na grella, como o son agora, polo tempo da práctica, en lugar do método de votación. A carreira viu a [[Achille Varzi]] e [[Tazio Nuvolari]] intercambiar o liderado moitas veces antes de resolverse en favor de Varzi na última volta cando o coche de Nuvolari incendiouse.<ref name="strangestraces">{{Cita libro| last = Tibballs | first = Geoff | title = Motor-Racing's Strangest Races | publisher = Robson Books | year = 2001
| pages = 95–97
| isbn = 1-86105-411-4}}</ref> A carreira converteuse nunha rolda do novo [[Campionato de Europa]] en 1936, cando unha tormenta e unha mancha de aceite provocaron unha serie de accidentes, quedaron eliminados os [[Mercedes-Benz no automobilismo|Mercedes-Benz]] de Chiron, [[Luigi Fagioli|Fagioli]] e [[Manfred von Brauchitsch|von Brauchitsch]], así como o [[Auto Union]] 'Tipo c' de [[Bernd Rosemeyer]]. [[Rudolf Caracciola]], demostrou o porque do seu alcume, ''Regenmeister'' (Mestre da chuvia), gañando a carreira.<ref>Kettlewell, Mike. "Monaco: Road Racing on the Riviera", in Northey, Tom, editor. ''World of Automobiles'' (London: Orbis, 1974), Volume 12, p.1383.</ref> En 1937, von Brauchitsch bateuse en duelo con Caracciola antes de gañar a carreira.<ref>Kettlewell, p.1383.</ref> Foi o último ''Gran Premio'' antes da guerra en Mónaco. En 1938, unha inscrición de 500 ₤ (ao redor de 2450 $ USA) por participante levou á AIACR a cancelar o evento, mentres a inminente guerra en 1939, e a [[Segunda Guerra Mundial]] puxeron fin as carreiras organizadas en Europa ata 1945.
18.847

edicións