Moeda bizantina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiño
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 32:
Cuñado por primeira vez no obradoiro monetario de [[Tréveris|Trier]] cara a [[310]], o sólido foi unha moeda de ouro creada por Constantino I ([[306]]-[[337]]) para financiar o seu [[exército]], en substitución do [[áureo]]'', ''que fora ata entón a moeda de ouro do Imperio''.''<ref>"[http://www.sacra-moneta.com/Numismatique-romaine/Les-monnaies-d-or-romaines.html La création du Solidus par Constantin]". En ''Les monnaies d'or romaines. www.sacra-moneta.com''</ref><ref>Jarpagon (2007). Páxina 325.</ref> A finais do século IV equivalía a 1/72 [[Libra (masa)|libra]], cunha pureza de 24 [[quilate|quilates]] de ouro e un peso 4,5 [[Gramo|gramos]]. Coa nova denominación de nomisma, permaneceu como base do sistema monetario bizantino durante dez séculos e, mesmo, mantivo a súa vixencia durante un longo tempo de no [[norte de África]] e nos [[Conca do Mediterráneo|países da conca Mediterránea]].<ref>Morrisson (2004). Páxina 218.</ref><ref>"Glosario de unidades monetarias: Sólido". En Pita Fernández, Ricardo Luís. ''Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda''. Santiago de Compostela, 1999. ISBN 84-605-9958-2</ref><ref>Alfaro Asíns, C. et al. "Sólido". En ''[http://studylib.es/doc/5930224/diccionario-de-numism%C3%A1tica Diccionario de numismática]''. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 </ref>
 
Durante os [[Século VI|séculos VI]] e [[Século VII|VII]], emitiuse unha serie de sólidos cun peso rebaixado de arredor de 3,96 gramos e cunha marca particular, cuxo propósito hoxe se descoñece. Xa no período de [[Teodosio I]] ([[379]]-[[395]]), a creación do medio sólido, denominado'' [[semissis]]'', e especialmente do terzo de sólido ou ''[[tremissis]]'' (1,5 gramos de ouro), este último cuñado en grandes cantidades, converteu a moeda de ouro en máis accesible para a poboación e aumentou a súa difusión nos circuítos económicos.<ref>Alfaro Asíns, C. et al. (2009). "Tremissis" e "Semissis".</ref> Estas dúas novas moedas continuaron a súa produción en Constantinopla ata o período de [[Miguel I Comneno DucasRangabé|Miguel I]] ([[811]]-[[813]]), e en [[Siracusa|Siracusa,]] ata o imperio de [[Basilio I]] ([[867]]-[[886]]).<ref>Petit (1974). Páxina 671.</ref>
 
[[Nicéforo II|Nicéforo II Phocas]] ([[963]]-[[969]]) emprendeu numerosas campañas contra os [[Árabes]] e, para as financiar, creou unha nova variedade do nomisma,denominda ''[[Nomisma|tetarteron nomisma]]'', que se utilizaba nas transaccións comerciais á par que o nomisma tradicional, aínda que 1/12 máis lixeiro.<ref>Treadgold (1997). Páxina 503.</ref><ref>Hendy (1985). Páxina 507.</ref> Para distinguir as dúas variedades, pasou a denominarse ''[[Nomisma|histamenon nomisma]]'' ao nomisma estándar. Algúns [[Investigación|investigadores]] [[Numismática|numismáticos]] teñen apuntado a posibilidade de que esta redución lle conferise ao nomisma un peso semellante ao do [[dinar]] fatimida, para facilitar o seu uso no comercio internacional. O ''tetarteron'' foi usado ata [[1092]], cando foi substituído por unha moeda de [[cobre]] do mesmo nome que circulou ata mediados do século XIII.<ref>Alfaro Asíns, C. et al. (2009). "Nomisma (2)", "Nomisma histamenon" e "Nomisma tetarteron".</ref>