Galicia na monarquía visigoda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 6:
 
O certo é que as derradeiras décadas da monarquía visigoda foron de marcada decadencia, debido en boa parte á redución do comercio cunha importante mingua da circulación monetaria, consecuencia directa da imposición do poder musulmán a principios do século VIII polo mediterráneo sur. A Gallaecia verase afectada polas mesmas pautas. É daquela cando [[Froitoso de Braga|San Froitoso]] denunciou un estado xeralizado de retroceso cultural, perda da dinámica de tempos atrás, e axiña abrollou un certo grao de descontento no alto clero galaico. Así, no X Concilio de Toledo, no ano [[656]], [[Froitoso de Braga|Froitoso]], pertencente a círculos de poder visigodos asumiu a cadeira metropolitana de [[Braga]], acontecendo isto previa renuncia do seu titular Potamio, quen ademais recoñecía explicitamente a crise da vida eclesiástica. Na mesma ocasión os alí reunidos anulaban o testamento deixado polo bispo [[Recimiro de Dumio]], pois nel doaba as riquezas da [[diocese]]-[[mosteiro]] aos pobres.
[[Ficheiro:Wittizacoinbracara.jpg|miniatura|dereita|150px|[[Tremissis|Triente]] bracarense de ouro, acuñado na [[Gallaecia]] a finais do século VII, durante o goberno do visigodo [[Witiza]].]]
A crise final visigoda remontaría ao reinado de [[Éxica]]. Este monarca declarou herdeiro ao seu fillo [[Witiza]] e xa en vida asociouno ao trono, no ano [[698]], pese a que a lei visigoda obrigaba á elección dun novo rei e non á transmisión hereditaria. Dita asociación consistiu en entregarlle o goberno da [[Gallaecia]], exercendo como rei con capital en [[Tui]]. Witiza vai ser rei da Gallaecia cando menos ata a morte do seu pai, o que supón unha situación novidosa nesta etapa final e conflitiva da monarquía visigoda, evidenciando a actividade política que Galiza conservaba cen anos despois da fin da monarquía [[suevos|sueva]]. No ano 702 coa morte de [[Éxica]], [[Witiza]] asume tamén o goberno de Hispania, trasladándoo a [[Toledo]] onde gobernaría ata o ano [[710]]. Trala súa morte, un sector aristocrático visigodo impediu a subida ao trono do seu fillo [[Axila]], impoñendo pola forza a Rodrigo, o que supuxo un irresoluble conflito civil entre os seus partidarios e os dos fillos de Witiza. Será no ano [[711]] cando os inimigos de [[Rodrigo]] logren que un exército musulmán cruce o estreito de [[Xibraltar]] e presente batalla a Rodrigo en [[Batalla de Guadalete|Guadalete]], onde este é derrotado, fito que marca a fin do goberno visigodo en [[Hispania]], e que terá unha transcendencia histórica total para as dúas restantes entidades políticas: [[Gallaecia]] e [[Septimania]].