Abrir o menú principal

Cambios

m
https://academia.gal/dicionario/-/termo/entanto,%20no
[[Ficheiro:Embarco moriscos en el Grao de valencia.jpg|miniatura|dereita|300px|A expulsión dos [[Mourisco]]s de [[Valencia]].]]
 
Os [[mourisco]]s do sur de España foran convertidos á forza ao cristianismo en 1502, pero baixo o goberno de Carlos I puideron obter un grao de tolerancia dos seus gobernantes cristiáns. Permitíuselles practicar os seus costumes anteriores, indumentaria e idioma; e as leis relixiosas foron laxamente impostas. NonNo entanto, en [[1568]], baixo Filipe II os mouriscos rebeláronse (véxase [[Rebelión das Alpujarras]]) despois de que se impuxesen de novo as antigas leis. A revolta só puido ser sufocada por tropas italianas baixo [[Xoán de Austria|Don Xoán de Austria]], e ata entón os mouriscos retiráronse ás zonas montañosas e non foron derrotados ata 1570. Á revolta seguiulle por un enorme programa de reasentamento onde 12.000 campesiños cristiáns substituíron os mouriscos. En [[1609]], aconsellado polo [[Duque de Lerma]], [[Filipe III de España|Filipe III]] expulsou aos 300.000 mouriscos de España.
 
A [[Ilustración]] criticou principalmente aos españois polo seu excesivo celo relixioso e a súa "preguiza". Entre os membros da aristocracia, que gozaban de máis seguridade nas súas posicións de poder (a diferenza dos seus colegas en Francia e Inglaterra que eran cada vez máis competitivos) podía aplicarse o argumento da "preguiza española". A expulsión dos traballadores mouriscos e xudeus certamente fixo pouco para axudar á economía e sociedade española que dependía do seu traballo e habilidade moito máis do que os cristiáns crían.
[[Ficheiro:Spanish Galleon.jpg|miniatura|esquerda|200px|[[Galeón]] español, o símbolo do imperio marítimo de España.]]
 
Afrontando a crecente ameaza da [[piratería]], en 1564 os españois adoptaron un sistema de escolta moi adiantado ao seu tempo, coa saída das [[frota de Indias|frotas do tesouro]] das Américas en abril e agosto. A política resultou eficiente, e tivo bastante éxito. Só dous convois foron capturados; un en 1628 que foi capturado polos holandeses, e outro en 1656, capturado polos ingleses, pero para entón os convois eran unha sombra do que foran no seu momento cume a finais do século anterior. NonNo entanto ata sen ser completamente capturadas, frecuentemente foron atacadas, o que inevitablemente tivo un prezo. Non todo o comercio marítimo do disperso imperio podía protexerse por grandes convois, permitindo aos [[corsario]]s holandeses, ingleses e franceses e aos [[pirata]]s ter a oportunidade de devastar o comercio entre as costas americana e española e asaltar asentamentos illados. Isto foi particularmente salvaxe a partir dos anos 1650, con ambos os bandos caendo en extraordinarios niveis de barbarie, ata polos estándares contemporáneos. España tamén tivo que encargarse da [[pirata berberisco|piratería berberisca]] no Mediterráneo e no Oriente da piratería holandesa nas augas ao redor das Filipinas.
 
A expansión do [[imperio español]] no Novo Mundo foi levada a cabo desde Sevilla, sen a dirección próxima dos dirixentes de Madrid. Carlos I e Filipe II estiveron principalmente ocupados cos seus deberes en Europa, e así o control das Américas foi levado por [[vicerrei]]s e administradores coloniais que funcionaban con efectiva autonomía. Os reis Habsburgos consideraron as súas colonias como sociedades feudais en vez de partes integrantes de España. Os Habsburgo, familia que gobernara tradicionalmente sobre diversos dominios non contiguos e fora forzada a delegar autonomía a administradores locais, duplicaron estas políticas feudais en España, particularmente no [[País Vasco]], [[Navarra]] e [[Aragón]].
8.459

edicións