Mercosur: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Andalcant (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 10:
Coa adhesión do [[Paraguai]] e do [[Uruguai]], os catro países tornáronse signatarios do [[Tratado de Asunción]] ([[1991]]) que establecía o '''Mercado Común do Sur''', unha [[alianza (acordo)|alianza comercial]] tendente a dinamizar a economía rexional, facendo circular entre si mercadorías, persoas, forza de traballo e capitais.
 
Inicialmente estableceuse unha zona de libre comercio, onde os países signatarios non tributarían ou restrinxirían as importacións recíprocas. A partir do [[1 de xaneiro]] de [[1995]], esta zona de libre comercio converteuse nunha [[unión aduaneira]], na cal todos os signatarios poderían cobrar as mesmas cotas nas importacións dos demais países ([[Tarifa Externa Común]]). No ano seguinte, [[Bolivia]] e [[Chile]] adquiriron o status de membros asociados. Chile atópase en proceso de aquisiciónadquisición do status de membro pleno despois de resolver algúns problemas territoriais coa Arxentina. Outras nacións latinoamericanas, como [[Venezuela]], manifestaron interese en entrar no grupo, o que aínda non se concretou.
 
As institucións integrantes do Mercosur, definidas polo Tratado de Asunción, foron revistas polo ''Protocolo de Ouro Preto'', en [[1994]]. Por el, cada país membro ten un voto e as decisións necesitan ser unánimes. Tres son as instancias decisorias: un Consello (con funcións políticas), un Grupo (con funcións executivas) e unha Comisión Técnica.