Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Liña 105:
Cando lle preguntaron como cría que era aquela voz, ela respondeu que lle pareceu moi nobre, polo que afirmou: «e eu creo que esta voz me foi enviada de parte de [[Deus]]». Así pois, cando a escoitou por terceira vez pareceulle recoñecer un anxo. E aínda que ás veces non o entendía demasiado ben, primeiro aconselloulle que frecuentase as igrexas e despois que tiña que ir a Francia, sobre o cal a empezou a presionar. Ademais esta voz escoitábaa unhas dúas ou tres veces por semana. Non moito despois, revelou outra das mensaxes clave que lle enviou: «Ela dicíame que eu levantaría o asedio de Orleáns».
 
O [[27 de febreiro]], Xoana identificou estas voces: tratábase da voz de santa [[Catarina de Alexandría]] e de santa [[Margarida de Antioquía]], as santas máis veneradas do momento, se nos atemos á iconografía anterior a Xoana.<ref>Xuízo de condenación, pp. 58–59. [http://www.fordham.edu/halsall/basis/joanofarc-trial.html] (Recuperado o 23 de marzo de 2006)</ref> Catarina, é definida ás veces como unha figura apócrifa a cabalo dos [[século III|séculos III]] e [[século IV|IV]] que morreu a unha idade similar á de Xoana; tamén erudita (patroa de moitas especialidades intelectuais) e despois de persuadir o emperador [[Maximiano]] de que deixase de perseguir os cristiáns. Despois sería condenada a morrer na [[Roda (pena de morte)|roda]] (un sistema de tortura que fractura os ósos), aínda que se di dela que, ao tocar a roda, a rompeu e, finalmente, tiveronativérona que decapitar. Por outro lado, a lenda de Margarida refire que foi unha doncela desprezada pola súa fe cristiá, á que ofreceron matrimonio a cambio da renuncia a esta fe. Ante a súa negativa foi condenada a tortura, aínda que logrou escapar milagrosamente en varias ocasións (antes da súa captura definitiva e martirio). Por iso, é venerada pola Igrexa católica como santa virxe e mártir.
 
Xoana afirmou que as recoñecera grazas a que as propias santas se identificaran, algo que xa declarara en [[Poitiers]], con motivo do interrogatorio sobre as visións levado a cabo pola corte do Delfín. Negouse a dar máis explicacións, instando os xuíces a ir a Poitiers se querían coñecer máis detalles.