Diferenzas entre revisións de «Seattle»

=== Grande Incendio de 1889 e reconstrución ===
[[Ficheiro:Bird's-eye View of Seattle, Washington Territory.jpg|miniatura|200px|esquerda|Vista de paxaro de Seattle, 1884.]]
En 1889 un grande incendio destruíu o centro da vila. Porén, a súa puxanza era tal que nun ano fora reconstruído por un aínda maior e mellor (en ladrillo e pedra arredor de Pioneer Square)<ref>''Mapa de Seattle en 1891 co crecemento trala reconstrución'' [http://old.seattletimes.com/news/local/seattle_history/articles/covermap01.html ''Mapa de Seattle en 1891 co crecemento trala reconstrución'' ]</ref>; que a poboación case se duplicara (de 25&nbsp;000 habitantes a 43&nbsp;000, converténdose na maior do [[estado de Washington]]) polo grande afluxo de traballadores para a reconstrución; e que ademais un sistema de parques e bulevares (plan do estudio do prestixioso paisaxista [[Olmsted]], 1903; tamén elaborou o da Feira Mundial de 1909) fora posto en funcionamento.
 
Poucos anos despois, a febre do ouro de [[Alasca]] (1896) converteu o porto de Seattle na base de aprovisionamento e partida, facendo da cidade un nó de comunicacións (ferrocarril tamén nestes anos) e incrementando novamente a súa poboación pola masiva inmigración (orientais e europeos convértena en cosmopolita). Coma consecuencia a partir de 1905 houbo un estoupido inmobiliario na que xa deveu a urbe líder do noroeste do país<ref>[https://archive.is/20120713022944/m.localguides.com/site/home/apk/archive/klse/hrs/hrs4d-2.gif ''Mapa de Seattle en 1909'']</ref>.
10.707

edicións