Coloso de Rodas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*estudi- > estud-.
Servando2 (conversa | contribucións)
corrixo ligazón a homónimos
Liña 2:
O '''Coloso de Rodas''' foi unha estatua de [[Helios]], [[mitoloxía grega|deus grego]] do [[Sol]], construída entre o ano [[-292|292 a.C.]] e o [[-280|280 a.C.]], polo escultor [[Chares de Lindos]]. A estatua tiña 32 metros de alzada, semellante á actual [[Estatua da Liberdade]] de [[Nova York]], setenta toneladas de peso, feita integramente con placas de [[bronce]] sobre un armazón de ferro. O Coloso de Rodas tornouse nunha das [[Sete marabillas do mundo]], mais todo o que se coñece sobre esta estatua débese ás novas que deixaron os escritores antigos [[Polibio]], [[Estrabón]] e [[Plinio o Vello|Plinio]], e ás crónicas [[Bizancio|bizantinas]] de [[Constantino VII|Constantino VII Porfiroxénito]].
 
Unha embarcación que chegase á [[Illa de Rodas|illa grega de Rodas]], no [[Mediterráneo]], por volta do [[-280|280 a.C.]], pasaría obrigatoriamente entre as pernas da enorme estatua de [[Apolo]] (Helio, para os romanos), deus do [[Sol]] e protector do lugar. É que o Coloso de Rodas, como foi chamada a sétima marabilla do mundo, tiña un pé fincado en cada marxe do canal que daba acceso ao [[Porto (comunicacións)|porto]]. Con 30 metros de altura, toda de [[bronce]] e oca, a estatua comezou a ser esculpida en [[-292|292 a.C.]], polo escultor [[Chares de Lindos]], unha das cidades da illa, que a concluíu doce anos despois. Contase que o pobo de Rodas mandou construír o monumento para conmemorar a retirada das tropas do rei [[Reino de Macedonia|macedonio]] [[Demetrio Poliorcetes]], que promovera longo cerco á illa na tentativa de conquistala. Demetrio era fillo do xeneral [[Antígono I Monóftalmos|Antígono]], que após a morte de [[Alexandre o Grande]], herdou unha parte do imperio grego.
 
O material empregado na escultura foi obtido a partir da fundición dos armamentos que os macedonios alí abandonaran. A estatua ficou en pé por apenas 55 anos, cando un [[terremoto]] a tirou no fondo da baía de Rodas onde ficou esquecida até a chegada dos [[Arabia|árabes]], no [[século VII]]. Estes, entón, quebrárona e vendérona como un obxecto inútil. Para ter unha idea do volume do material, foron necesarios novecentos [[camelo]]s para transportalo. Esa, que foi considerada unha obra marabillosa, levou a Chares a suicidarse despois de tela terminado, desgustado co pouco recoñecemento público ao monumento.