Bipartidismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 8:
Existen graos sobre o bipartidismo, sendo algúns sistemas políticos máis bipartidistas que outros. En xeral, en certa medida, a maioría dos sistemas favorecen este fenómeno, aínda que algúns sexan organizados, desde a raíz, de forma a provocar a polarização do [[electorado]].
 
==Historia do Bipartidismo==
O bipartidismo tradicional nace tras a [[Revolución Francesa]]. Con maior ou menor éxito, foron sendo implantados intermitentemente na Europa [[parlamento]]s bipartidistas nos cales se presentaran sempre dous bloques opostos: [[Conservadorismo|conservadores]] e [[Liberalismo|liberais]]. Os primeiros tentaban sempre conservar os privilexios da [[nobreza]] e da [[aristocracia]], mentres os segundos pretendían equiparar os dereitos da [[burguesía]]. Houbo varios momentos así, por exemplo, en [[Inglaterra]], en [[España]] e no [[Brasil]].
 
En todos eses sistemas, o pobo (aínda [[analfabetismo|analfabeto]] en gran medida) permaneceu incapaz de influenciar no [[poder político]]. Coa chegada do [[marxismo]], o bipartidismo foi roto na maioría das democracias europeas, xa que unha terceira forza social, a masa obreira ou [[proletariado]], pasou a esixir representación. O sufráxio feminino, na virada do século XIX para o XX, tamén contribuíu para desagregar aínda máis o mapa político europeo. A tendencia en case todos os países era a de modernizar os seus sistemas para ter en conta a nova realidade social e, sobre todo, para evitar que houbese máis [[revolución]]s proletarias.
 
==Actualmente==
==Bipartidismo actualmente==
====O sistema británico====
 
[[Imaxe:inglaterra.jpg|100px|esquerda|thumbnail]]Claramente bipartidista no inicio, con conservadores (''tories'') e liberais (''whigs'') alternandose no poder, ao final do [[século XIX]] xurdiran os laboristas como terceira forza política. Aos poucos, gañaran relevancia ata o punto de, nas últimas décadas, terense alternado no poder cos conservadores. Por outro lado, actualmente o sistema británico, aínda que bastante alterado desde entón, mantén as súas institucións esencialmente case intactas. A [[Cámara dos Lores]] e a [[Cámara dos Comúns]], por exemplo, continúan sendo iguais na organización e [[estética]] que séculos antes. Na realidade, as mudanzas nunca foran nos fundamentos do sistema, só retoques para adaptarse aos tempos. O século XIX o bipartidismo inglés formaba respectivamente o partido liberal e conservador. O século XX o bipartidismo foi mantido seguindo a tradición política, existido só dous partidos políticos de peso no parlamento inglés: o partido laborista e o partido conservador.
 
====Bipartidismo presidencialista nos Estados Unidos de América====
Se o sistema partidario británico é un bipartidismo clásico monárquico xa que respecta e se somete formalmente á institución da coroa, o sistema norteamericano é un típico exemplo de bipartidismo presidencialista con esencia republicana. Este sistema permanece aínda máis intacto en relación a como foi creado polos fundadores dos [[Estados Unidos de América|EUA]] (''founding fathers''). De traxe, a evolución do sistema foi a de acentuar este bipartidismo xa que cada vez son necesarias maiores sumas de diñeiro para poder facer política. Na actualidade só existen dous grandes partidos, coñecidos como [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|Partido Demócrata]] e [[Partido Republicano (Estados Unidos)|Partido Republicano]] que obteñan un apoio superior o 5% (necesario para obter a subvención electoral do tesouro público). A situación fíxose patente nas eleccións do ano [[2000]], cando o terceiro candidato [[Ralph Nader]] prexudicou a [[Al Gore]] contra o seu adversario [[George W. Bush]].
 
==Críticas ao bipartidismo==
En relación á idoneidade ou non do bipartidismo na [[democracia]], existen opinións contrapostas. Hai quen pense que é positivo porque axuda a estabilidade política e xeral dun país, mentres outros cren que supón unha diminución pouco saudábel de opinións representadas nos organismos de poder.
 
Liña 26 ⟶ 27:
 
O bipartidismo debe realimentarse xa que moitos electores, pensando que votar noutros partidos políticos é desperdiçar o voto (por ser moi improbábel que consigan representación parlamentaria), acaban elixindo entre unha das dúas opcións maioritarias. É o que se denomina '''voto útil''' e que os partidos maiores usan como argumento para atraer os electores de partidos minoritarios reforzando así aínda máis o sistema bipolarizado.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==