Diferenzas entre revisións de «Lingua oficial»

sen resumo de edición
 
{{Sen referencias|data=maio de 2018}}
Unha '''lingua oficial''' é a [[lingua]] consagrada na [[constitución]] ou no ordenamento xurídico dun [[país]], [[estado]] ou outro territorio como a lingua adoptada oficialmente nese país, estado ou territorio.
 
== Características ==
Con todo moitos países que non teñen recoñecida lingua oficial si contan con linguas oficiais de feito, é o caso dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] que pese a non contar con lingua oficial ten o inglés como lingua habitual da administración, da xustiza ou da educación. Noutros países as linguas oficiais do estado e dos territorios poden diferir, é o caso de Bélxica que ten como linguas oficiais o alemán, francés e holandés para as institucións estatais pero non todas son oficiais en cada un dos territorios nos que se divide [[Bélxica]], ou o caso de Finlandia no que o finés e sueco son oficiais para as institucións estatais pero logo cada concello segundo o número de falantes ten dúas ou unha soa lingua oficial, constituíndo o arquipélago das [[Aland]] un caso especial con só o sueco como lingua oficial.
 
Só cerca de metade dos países do mundo teñen linguas oficiais. Algúns teñen só unha lingua oficial, caso de [[Portugal]], do [[Brasil]] e dos [[PALOP]]s, outros teñen máis dunha, casos de [[Timor-Leste]], país no que son oficiais o [[lingua portuguesa|portugués]] e o [[tetum]], ou, fora do espazo lusófono, de países como a [[Bélxica]], [[Suíza]], [[Suráfrica]] ou [[Paraguai]], entre outros.{{Cómpre referencia}}
 
Algúns países atribúen aínda estatuto de lingua oficial a certas linguas en partes do seu territorio. Esas linguas son linguas oficiais nesas áreas, coexistindo alí coa(s) lingua(s) oficial(is) do estado. É o caso en [[España]], do [[Lingua galega|galego]] (naen [[Galiza]]), do [[lingua éuscara|éuscaro]] (en [[Euskadi]] e en [[Navarra]]) e do [[lingua catalá|catalán]] (na [[Cataluña]], [[Baleares]] e [[Comunidade Valenciana]]), é o caso do [[Lingua portuguesa|portugués]] e do [[Lingua inglesa|inglés]] na [[República Popular da China]], co-oficiais, respectivamente, en [[Macau]] e [[Hong Kong]], e é o caso do [[lingua mirandesa|mirandés]] en [[Portugal]], co-oficial na [[Miranda do Douro|Terra de Miranda]].
 
Tamén moitas organizacións supraestatais contan con lingua ou linguas oficiais como é o caso da [[ONU]] ou a [[Unión Europea]].{{cómpre referencia}}
 
Tamén moitas organizacións supraestatais contan con lingua ou linguas oficiais como é o caso da [[ONU]] ou a [[Unión Europea]].
==Véxase tamén==
{{Control de autoridades}}
 
183.823

edicións