América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Liña 28:
'''América do Norte''' ({{Audio|Gl-América do norte.ogg|pronunciación}}) ou '''Norteamérica''' ({{Audio|Gl-Norteamérica.ogg|pronunciación}}) é un [[subcontinente]] de [[América]] situado totalmente no [[hemisferio norte]], e case por completo no [[hemisferio occidental]], que se estende, [[Xeopolítica|xeopoliticamente]], desde [[Alasca]] e [[Groenlandia]] ao norte, ata a fronteira de [[México]] con [[Guatemala]] e [[Belize]] ao sur.<ref name=britannica-northamerica>{{cita web|url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/418612/North-America|título = North America|editor = [[Encyclopædia Britannica]]|dataacceso = 30/05/2015 |lingua=inglés}}</ref> Limita ao norte co [[océano Glacial Ártico]], ao leste co [[océano Atlántico]], ao sueste co [[mar Caribe]] e ao sur e ao oeste co [[océano Pacífico]]. Está conectado con [[América do Sur]] pola estreita ponte territorial que representa [[América Central]]. Cobre unha área de aproximadamente 24&nbsp;709&nbsp;000 [[km²]], o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.
 
En [[2009]] a súa [[poboación estatística|poboación estimada]] era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do [[Índice de Desenvolvemento Humano|IDH]] (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.
 
'''América boreal''' é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e Canadá, excluíndo a zona de [[México]] a que ás veces se considera dentro de [[América Central]].<ref>{{Cita libro