Irmáns Wright: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Cabalo de vapor
algo máis desde a wiki .es
Liña 2:
[[Ficheiro:Wrightflyer.jpg|miniatura|210 px|Primeiro voo, 17 de decembro, 1903.]]
Os '''Irmáns Wright''', é dicir, '''[[Orville Wright]]''', nado o [[19 de agosto]] de [[1871]] e finado o [[30 de xaneiro]] de [[1948]], e mais '''[[Wilbur Wright]]''', nado o [[16 de abril]] de [[1867]] e finado o [[30 de maio]] de [[1912]], son recoñecidos por proxectaren e construíren o primeiro [[aeroplano]] funcional e por realizaren o primeiro voo controlado nun aparello máis pesado que o aire, alén de outras realizacións destacábeis da historia da aviación. Con todo, hai algunha polémica canto ao feito de teren ou non sido os primeiros a realizar estas accións, reclamadas por parte doutros individuos e nacións. O caso máis célebre e convincente é o do inventor brasileiro [[Santos Dumont|Alberto Santos-Dumont]], considerado, principalmente no [[Brasil]], como o creador do primeiro aparello voador "mais pesado que o ar" - o seu 1907 14-Bis, construído en [[Francia]].
 
O [[22 de maio]] de [[1908]] os Irmáns Wright patentan o seu invento: o aeroplano, na oficina de patentes estadounidenses.
 
Os irmáns tiñan terminado o avión en 1905 e trataban de vendelo a países: Francia, Inglaterra e os propios Estados Unidos estaban interesados. Pero os irmáns Wright non querían mostrar o avión ata que houbese un contrato asinado con compromiso de compra. Ninguén quería asinar o contrato sen ver os avións (críase que era toda unha fraude porque case ninguén vira aos irmáns voar, máis que nada porque eran uns ''[[ geek]] s'' da época, pouco amigos dos medios de comunicación) e eles non poderían vendelos se o ensinaban a treo.
 
Dispoñían dunha patente sobre un método de voo, pero habíalles resultado complicado o conseguila e non era garantía de nada, sobre todo fóra dos Estados Unidos.
 
== Traxectoria ==