Salvador Dalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
setembro
Liña 103:
En [[1941]] Dalí entregou un [[guión (arte)|guión cinematográfico]] a [[Jean Gabin]], titulado ''Moontide'' ("Marea lunar"). En [[1942]] publicou a súa [[autobiografía]], ''La vida secreta de Salvador Dalí''. Escribía regularmente para os catálogos das súas exposicións, coma a organizada na Knoedler Gallery de Nova York en [[1943]]. Nese artigo expoñía que
{{cita|O surrealismo servirá polo menos para dar unha proba experimental de que a total esterilidade dos intentos por automatizar chegaron demasiado lonxe e levaron a un sistema totalitario... A pereza contemporánea, e a total falta de técnica, acadaron o seu paroxismo na significación psicolóxica do uso actual da institución universitaria.}}
Tamén escribiu unha [[novela]], publicada en [[1944]], sobre un salón de moda para [[automóbil]]es. De aí xurdiu unha [[caricatura]] de Erdwin Cox, do ''The [[Miami Herald]]'', que presentaba a Dalí lucindo un automóbil como vestido de festa.<ref name=" Descharnes (1993) p. 35." />
 
[[Ficheiro:London Dali Exhibition.jpg|miniatura|esquerda|200px|Exposición sobre Dalí en [[Londres]]. En primeiro termo hai unha escultura dun [[elefante]] de patas alongadas cunha [[pirámide (xeometría)|pirámide]] no lombo, idéntico a un dos que aparecen no cadro. Ó fondo atópase o [[London Eye]].]]