Bulimia nerviosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios +cda
Sen resumo de edición
Liña 19:
Os enfermos de bulimia poden chegar a comer até 3 ou 4 [[quilo]]s nunha soa comida, sen mastigalos apenas. Moitas veces, o acto compulsivo de comer vai seguido da indución do [[vómito]]. O ataque de fame dura unha hora e pódense inxerir 3.500 [[caloría]]s durante unha comida. O tipo de comida preferida nestes casos son os [[hidratos de carbono]], como os [[xeado]]s, as [[conserva]]s, as [[pasta]]s e as bebidas edulcoradas.
 
Quen padece bulimia mais non anorexia nerviosa presenta un peso normal ou un sobrepeso lixeiro. <ref>{{Cita web|url=https://laguiafemenina.com/psicologia/diferencia-anorexia-bulimia|páxina-web=|título=¿Cuál es la diferencia entre anorexia y bulimia?|data-acceso=}}</ref>É máis propenso a sufrila quen foi obeso na adolescencia. É característica a flutuación de peso con ganancias e perdas cíclicas. Nun terzo das mulleres pérdese a [[menstruación]] ([[amenorrea]]).
 
Os vómitos ocasionan alteracións no sangue: perda de [[potasio]] e [[alcalose]] metabólica debida ao uso de [[laxante]]s, que é habitual que se usen para contribuír a evitar o aumento de peso. Tamén se deteriora o [[Esmalte dentario|esmalte]] dos [[dente]]s. Poden provocar [[pneumonía]]s por aspiración do vómito ou alteracións gástricas, con dilatacións e mesmo rotura do [[esófago]], así como alteracións no [[páncreas]] ([[pancreatite]]) e [[arritmia]]s fatais e [[asistolia]]<ref>Norman P. Spack ''Medical Complications of Anorexia Nervosa and Bulimia'' en Steven Wiley Emmett (ed.) ''Theory and Treatment of Anorexia Nervosa and Bulimia: Biomedical, Sociocultural, and Psychological Perspectives''. Psychology Press, 1985, páxina 5</ref>.