Louis Daguerre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Biografía: arranxiño
Liña 25:
 
== Biografía ==
Ó contrario do que erroneamente se cre, Louis Daguerre non foi o inventor da [[fotografía]]. Convén esclarecer este dato: o inventor da fotografía foi [[Joseph- Nicéphore Niépce]] que conseguiu fixar unha imaxe das vistas do seu estudio no 1826-27.
 
Daguerre era un pintor de segunda en [[París]], pero gañou certa fama ao inventar o [[Diorama]]. O Diorama era un espectáculo de ilusión no que se mergullaba ao espectador noutros paisaxes ou lugares e acontecementos da historia a través duns trucos visuais. Para crear eses escenarios era preciso unha pintura moi realista. Nada mais realista que unha imaxe fotográfica. Daguerre acode aos irmáns Chevalier para obter certo tipo de lentes e comezar a traballar nunha mellora da cámara escura. Aplicar o invento da [[cámara escura]] podía ser moi proveitoso para os Dioramas, dotándoos de maior realismo. A través dos Chevalier, Daguerre entra en contacto con Niepce no [[1826]]. Daguerre buscaba a asociación con Niepce para progresar no invento, cousa que Niepce rexeitou ao principio. Porén, diversos problemas financeiros, unidos á morte do seu irmán, fan que Niepce aceite firmar un contrato con Daguerre, no que se especifica ben claro que Niepce era o inventor da fotografía e Daguerre achegaría certas melloras á [[cámara escura]]. Así que dous anos despois do descubrimento Niepce e Daguerre asócianse ([[1829]]), pero a súbita morte de Niepce deixa a Daguerre o campo libre.