Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 33:
{{Artigo principal|Antigo Réxime en Francia}}
[[Ficheiro:Peter Paul Rubens - The Reconciliation of King Henry III and Henry of Navarre.JPG|miniatura|250px|''A reconciliación de Henrique III e Henrique de Navarra'', por [[Rubens]] (1628). Un episodio da [[guerra dos tres Henriques]], que terminou gañando o de Navarra, futuro [[Henrique IV de Francia]].]]
O Antigo Réxime tomado como modelo desenvolveuse en Francia ao emerxer a monarquía francesa da [[dinastía Valois]] do seu enfrontamento con [[Inglaterra]] na [[guerra dos Cen Anos]], marxinando á rival [[casa de Borgoña]] e sometendo á maior parte dos "estados nobiliarios" máis ou menos turbolentos ([[Normandía]], [[Provenza]]...). A volta da [[Santa Sede|sede pontificia]] de [[Avignon]] a [[Roma]] tras a resolución do [[Cisma de Occidente]] supuxo unha diminución do control que chegara a alcanzar a monarquía francesa sobre a Igrexa, e Italia pasará a ser o principal taboleiro de xogo na disputa da [[hexemonía europea]]. Nese contexto [[LuíasLuís XI de Francia|Luís XI]] sería un bo exemplo de rei autoritario para o século XV. [[Francisco I de Francia|Francisco I]], na primeira metade do XVI, non conseguiu prevalecer sobre o seu inimigo [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos V]], nin nas guerras europeas nin na expansión colonial, pero conseguiu asentar un poder interior indiscutible. O turbulento período que levará aos seus sucesores ás [[Guerras de relixión de Francia|guerras de relixión]] da segunda metade do século XVI terminará co breve pero decisivo reinado de [[Henrique IV de Francia|Henrique IV]] que inaugura a [[Dinastía Borbón|dinastía dos Borbón]]. No reinado de [[Luís XIII de Francia|Luís XIII]] e a minoría de idade de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], validos como [[Cardeal Richelieu|Richelieu]] e [[Jules Mazarin|Mazzarino]] irán habilmente concentrando o poder real no medio dunha complicada conxuntura europea e interior ([[Guerra dos Trinta Anos]] e [[Fronda (sublevación)|Fronda]]). Non se alcanzará acabar con este modelo ata a [[monarquía absoluta]] de Luís XIV, que puido facerse chamar ''o rei Sol''.
 
Identificado, polo menos en teoría, o interese do [[Estado]], o do [[Pobo]] e o do [[Rei]], avánzase na construción dun [[mercado]] de dimensións nacionais, co respaldo dun [[Imperio colonial francés|imperio colonial]] (que sofre grandes altibaixos ao albur das continuas guerras); modernízase a [[Administración pública|administración]] e os [[imposto]]s (a [[gabela]], a [[Talla (imposto)|tallación]]) todo o que os [[privilexio]]s estamentais ou territoriais permiten; conséguese a imposición do catolicismo (revogación do [[Edicto de Nantes]]) e o control da Igrexa ([[galicanismo]]); ou se prestixia o [[lingua francesa|francés]] como a lingua común (e a culta de Europa, en substitución do [[latín]]) e o vehículo dunha puxante [[cultura de Francia|cultura]] ([[Molière]], [[Jean Racine|Racine]], [[Pierre Corneille|Corneille]]) que destrona ao [[Século de Ouro]] español, institucionalizada na [[Academia francesa|Académie Française]].