Educación bilingüe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
signo ortográfico
Sen resumo de edición
Liña 19:
Por último ao contrario da educación de submersión encóntrase o '''programa de mantemento'''. Na educación de mantemento utilizan aos nenos e nenas das linguas minoritarias. Neste caso a lingua minoritaria ten máis importancia que a maioritaria dado que posúe un prestixio moi baixo fora da escola e que, polo tanto, debe ser apoiada. Pódese denominar tamén '''modelo de protección da lingua'''. O argumento a seguir é que os alumnos e alumnos están rodeados da primeira lingua fora da escola (na televisión, na radio, na rúa…) sen terse en conta a lingua minorizada. Fálanse de dous obxectivos: conseguir un bilingüismo total onde as dúas linguas son tratadas e aumentar o coñecemento da historia e cultura minoritaria. Baker e Jones (como se citou en Nispen) comentan como problema do programa a falta de apoio financeiro e oficial.
 
Cabe destacar que toda institución escolar debe rexirse pola lei establecida. Na actualidade, as escolas réxense polo Decreto 79/2010<ref>{{Cita web|url=https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20100525/Anuncio17BE6_es.html|páxina-web=|título=Decreto 79/2010|data-acceso=}}</ref>, do 30 de maio. Anterior a este estaba establecido o Decreto 124/2007<ref>{{Cita web|url=https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2007/20070629/Anuncio22B3A_gl.pdf|páxina-web=|título=Decreto 124/2007|data-acceso=}}</ref>, do 28 de xuño. Observando o decreto vixente e o anterior pódense observarcontemplar, nos artigos 6º, as seguintes diferenzas:
 
* No decreto 124/2007 establécese que as escolas deben educar aos discentes con un mínimo dun 50% en galego. Por unha banda, non se establece un máximo de materias a ensinar en galego, polo que se podería chegar a dar todas as materias en dita lingua. Por outra banda, o decreto obriga a impartir as áreas de matemáticas, coñecemento do medio natura, social e cultural, educación para a cidadanía e dereitos humanos. Isto reflicte como aquelas materias que teñen un maior prestixio (matemáticas) deben ser ensinadas en Galego obrigatoriamente. En conclusión, pódese observar como no decreto se establece un prestixio cara o galego.