Diferenzas entre revisións de «Guerra hispano-estadounidense»

O resultado neto da batalla foi a perda de toda a frota española, xa que os barcos que lograron escapar, foron afundidos intencionadamente para que non caesen en mans do inimigo. Desta maneira a ''US Navy'' permanecería na zona impoñendo o bloqueo da cidade de Manila.
 
Na illa de Cuba, un corpo expedicionario de 17.000 homes desembarcou o [[20 de xuño]] de 1898. Entre eles, había unha unidade de voluntarios - o rexemento de cabalería dos « Rough Riders »,<ref>[http://www.theodoreroosevelt.org/site/c.elKSIdOWIiJ8H/b.8090921/apps/s/content.asp?ct=1450274712188611 ''Rough Riders''] {{En}}.</ref> literalmente quere dicir “xinetes duros” - baixo o mando en título polo coronel Leonard Wood, e en realidade polo tenente-coronel [[Theodore Roosevelt]] que dimitira do seu posto de Secretariado da Mariña o [[7 de maio]] de 1898 para achegarse á expedición.
 
O exército español non soubo aproveitarse da súa superioridade numérica. É certo que non tiñan mais que 13.000 homes nos lugares do desembarque e que foi mal organizado o transporte das súas tropas. Nos combates que se desenvolveron para a toma dos outeiros de San Juan cerca de Santiago de Cuba, [[Theodore Roosevelt|Teddy]] establece a súa reputación temeraria de soldado e de heroe. Estes combates foron por outra banda duros e sanguentos, mal dirixidos polos americanos, por falta de reforzos, comida e municións, estiveron «''a pique dun desastre militar''», segundo o ditame mesmo de Roosevelt.
10.707

edicións