Diferenzas entre revisións de «Cinema Novo»

sen resumo de edición
Na década de 1950 o cinema brasileiro estaba dominado pola ''chanchada'' (filmes musicais, con frecuencia cómicos e baratos), historias épicas de grande orzamento que imitaban o estilo de Hollywood e o cinema denominado "serio" que o cineasta [[Carlos Diegues]] describe como "ás veces cerebral e a miúdo ridiculamente pretensioso."
 
En 1952 tiveron lugar o I Congresso Paulista de Cinema Brasileiro e o I Congresso Nacional do Cinema Brasileiro. Nestes congresos discutíronse novas ideas para a produción de filmes nacionais. Unha nova temática de obras comezou a ser abordada. Así, cineastas dedo [[Río de JaneiroXaneiro]] e [[Baía, Brasil|Bahia]] resolveron elaborar novos ideais para o cinema brasileiro. Estes ideais eran contrarios aos carísimos filmes producidos por Vera Cruz e opostos ás alienacións culturais que reflectían as ''chanchadas''.
 
O que os mozos implicados no proceso querían era a produción dun cinema barato, feito con "unha cámara na man e unha idea na cabeza". Os filmes volvían á realidade brasileira e cunha linguaxe adecuada á situación da época. Os temas máis tratados estaban fortemente ligados ao desenvolvemento do país. Esa nova fase está ben representada polo filme ''[[Rio, 40 graus]]'' (1955), de [[Nelson Pereira dos Santos]]. As propostas do [[neorrealismo italiano]] foron a inspiración do autor do filme.
285.571

edicións