Narración: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maañón (conversa | contribucións)
revirto á como estaba 08:29, 18 xaneiro 2007 por Beninho, pois unha edicion posterior deslavazou o texto
Maañón (conversa | contribucións)
engado introducion
Liña 1:
{{literatura en progreso}}
Unha '''Narración''' é o relato oral, escrito e/ou visual dunha sucesión de feitos que se producen ao longo dun tempo determinado que, normalmente, dá como resultado a variación ou transformación, no sentido que sexa, da situación inicial.
 
Tén un significado distinto segundo se considere desde un punto [[semioloxía|semiolóxico]] ou [[lingüístico|lingüística]] : mentres que desde a perspectiva semiolóxica a narración pódese realizar con calquera clase de [[signo]]s, a [[lingüística]] considera que un '''"[[texto]] narrativo"''' responde a unha clasificación baseada na estrutura interna onde predominan secuencias narrativas. Estas secuencias constrúense mediante o [[signo lingüístico]] (o que deixa fóra o carácter narrativo que puidese presentar un cadro ou unha imaxe, tal como por exemplo "A liberté guidant lle peuple" de [[Eugène Delacroix]]).
 
 
== Concepto ==
Narrar é relatar sucesos que se xeran nun espacio e nun tempo determinado. A narración é un acto comunicativo no cal un [[narrador]] envía a un receptor unha mensaxe na cal se produce unha [[Acción narrativa|acción]] que implica a uns [[personaxe]]s. Esa comunicación transmítese a través dunha organización sintáctica (un [[discurso]]) no cal estes elementos se integran.