Juan Manuel Fangio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxado por lanzado. Arroxar: https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
Foi campión mundial en cinco oportunidades, incluíndo catro consecutivas [[1954]]-[[1957]]. É o único piloto da historia da F1 que foi campión con 4 marcas distintas [[Alfa Romeo F1|Alfa Romeo]], [[Maserati]], [[Ferrari]] e [[Mercedes GP|Mercedes]]. Gañou 24 carreiras de Fórmula 1 das 51 que disputou consideradas hoxe Carreiras Oficiais -ver sección á parte-, tendo aínda hoxe en día a media máis alta da historia da F1. En 1957 gañou a carreira de ''Nürburgring'', tras estar a 48 segundos do líder. A súa marca de 5 títulos permaneceu vixente ata o ano {{f1|2003}} cando foi superada polo piloto alemán [[Michael Schumacher]] (que correu o dobre de anos, xa que participou na F1 desde mediados de 1991 ata fins de 2006). Con todo, a súa efectividade (carreiras gañadas sobre carreiras efectuadas) ostenta de lonxe unha marca case imposible de igualar, cunha efectividade asombrosa do 47%, algarismo sen par ata a data. Do mesmo xeito, a relación de podios/partidas e de pole/partidas permanecen sen ser igualadas.
 
Ademais, gañou os premios: Medalla de Vermeil [[1984]] outorgada polo Municipio de [[París]]; o premio ''Aguia de Buenos Aires'' [[1989]] outorgado pola Orde de Cabaleiros de San Martin de Tours; tamén foi designado Mellor Automobilista de todos os tempos pola International Racing Press Association en [[1982]] enno [[Río de JaneiroXaneiro]], [[Brasil]]. Para rematar, foi condecorado coa orde aos servizos distinguidos, ao mérito civil no grao de comendador outorgada polo Xefe do Estado Maior Xeneral do Exército Arxentino en [[1993]].
 
Foi nomeado Profesor Honoris Causa da Universidade Católica de Santiago do Estero en 1992; Presidente Honorario vitalicio de Mercedes-Benz Arxentina S.A; Presidente da Fundación Renault Arxentina S.A; Presidente Honorario do Museo do Automobilismo Juan Manuel Fangio; e Membro Honorario da Federación Internacional do Automóbil.