1807: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
 
=== Portugal ===
* Do outubro ao decembro e pouco antes de que as tropas do xeneral francés Junot entren en [[Lisboa]], a familia real embárcase rumbo a [[Brasil]]. A política de partición de [[Portugal]], entre [[Francia]] e [[España]], sen que a medio rexente María I e o seu fillo Xoán (que máis adiante sería [[Xoán VI]]), poidan evitala; fai que toda a corte decida trasladarse a [[Río de Janeiro|Río de Xaneiro]]. Tras certo tempo en [[Portugal]] e debido á declaración de independencia de [[España]], o corpo expedicionario inglés de Wellington obrigará a [[Jean-Andoche Junot|Junot]] a capitular en [[Sintra]] o [[30 de agosto]] de [[1808]] e a evacua-lo país. Os fracaso das ofensivas francesas de [[Soult]] no [[1809]] e de [[Masséna]] entre [[1810]] e [[1811]], marcarán o declive o imperio francés que se verá desfeito no [[1816]].
* O [[27 de novembro]], despois de atravesar [[España]] cun exército de 28 000 homes para ocupar [[Portugal]], o xeneral francés [[Jean-Andoche Junot]] entra en [[Lisboa]] e é recibido polo marqués de Abrantes, que preside o Consello de Rexencia nomeado polo fuxitivo príncipe Xoán. Queda recoñecida de feito a autoridade do invasor coma delegado persoal de Napoleón. Dende o peirao, aínda son visibles os barcos ingleses que se afastan dende o [[Texo]], e no que se embarcou cara Brasil a corte portuguesa; [[María I]], a raíña Tola, marcha cara o exilio co seu fillo, o futuro rei [[Xoán VI]], rexente por aquel entón ante a incapacidade da súa nai; os que son acompañados por unha nutrida representación da nobreza. Un mes antes, [[España]] e [[Francia]] asinaran o [[Tratado de Fontainebleau]], polo que se acordaba a tripartición de Portugal: o infante de España reinaría o norte, [[Manuel Godoy]] sería o príncipe dos Algarves e o resto do territorio pasaría a estar en poder da decisión de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] unha vez que se rematara a guerra contra [[Gran Bretaña]]. Grazas ao tratado, o exército napoleónico estaba autorizado a cruzar España. Tradicional a alianza con [[Inglaterra]], a monarquía portuguesa resistíase a abandona-la súa neutralidade no conflito e acata-la esixencia de cerra-los portos aos buques de [[bandeira]] inglesa, segundo dispuxera o emperador francés. Napoleón ameazou con invadi-los países que se negaran a acepta-lo bloqueo continental imposto, e o reino de Portugal non sería unha excepción. Co [[Tratado de Fontainebleau]], tiña aberto o camiño cara Lisboa. Tras a fuxida á que seguiu a invasión, a corte portuguesa permanecería 14 anos en [[Río de Janeiro|Río de Xaneiro]] e daría lugar ao Imperio de [[Brasil]].
 
=== Polonia ===
Liña 88:
=== Breves ===
* [[1 de xaneiro]] - O revolucionario [[Simón Bolívar]] chega aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
* [[17 de febreiro]] - O brasileiro Agostinho Petra de Bitencourt accede o nomeamento de xuíz de [[Río de Janeiro|Río de Xaneiro]].
* [[23 de febreiro]] - O Parlamento británico vota a abolición do [[comercio]] dos escravos.
* [[25 de marzo]] - Co referendo do mes anterior; en [[Inglaterra]] faise pública a abolición do comercio de escravos que, dende este día quedan libres.