Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 54:
| membro_de = [[ONU]], [[OEA]], [[CPLP]], [[Mercosur]], [[Unión de Nacións Suramericanas|Unasur]]
}}
O '''Brasil''', oficialmente '''República Federativa do Brasil''', é unha [[república federal]] formada pola unión de vinte seis [[Estados do Brasil|estados federados]] e un [[Distrito Federal, Brasil|Distrito Federal]], situada en [[América do Sur]]. O país conta con 5.570 municipios<ref>{{cita web|título=Com 5 novos municípios, Brasil agora tem 5.570 cidades|url=http://oglobo.globo.com/brasil/com-5-novos-municipios-brasil-agora-tem-5570-cidades-7235803|dataacceso=25 de marzo de 2016}}</ref> e unha superficie de 8&nbsp;515&nbsp;767&nbsp;km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie o 47,9% do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en [[Lista de países por poboación|número de habitantes]], con 204&nbsp;450&nbsp;649 ([[2015]])<ref>{{cita web|título=População brasileira supera os 204 milhões|url=http://agenciabrasil.ebc.com.br/internacional/noticia/2015-08/populacao-brasileira-supera-os-204-milhoes|dataacceso=25 de marzo de 2016|lingua=português}}</ref>, así como en [[Lista de países por superficie|territorio]]. Porén, presenta un dos máis baixos índices de [[densidade de poboación]]. A súa capital é a cidade de [[Brasilia]], a cal substituíu a [[Río de JaneiroXaneiro]] en [[1960]]. Antes da cidade fluminense a primeira capital do país fora [[Salvador, Brasil|Salvador]].
 
O Brasil comparte fronteiras con tódolos países suramericanos exceptuando [[Chile]] e [[Ecuador]]. Así, ao norte limita con [[Colombia]], [[Venezuela]], a [[Güiana]], [[Suriname]] e a [[Güiana Francesa]], ao sur coa [[Arxentina]], o [[Uruguai]] e [[Paraguai]] e ao oeste con [[Bolivia]] e o [[Perú]]. Ao leste, durante 7.491 [[quilómetro|km]], o país está bañado polas augas do [[océano Atlántico]]. Ademais do territorio continental, o Brasil posúe grandes grupos de illas no Atlántico, por exemplo o [[Arquipélago de San Pedro e San Paulo]], [[Atol das Rocas]], [[Fernando de Noronha]], territorio especial do estado de [[Pernambuco]], e [[Trindade e Martim Vaz]] en [[Espírito Santo]]. Conta tamén cun complexo de pequenas [[illa]]s e [[Coral (animal)|corais]] chamado [[Atol das Rocas]], que pertence ao estado de [[Río Grande do Norte]].
Liña 72:
Con todo, antes de recibir a súa designación actual, as novas terras descubertas foron designadas de distintas formas, entre outras, Monte Pascoal, cando os descubridores avistaron terras por primeira vez, Illa de Vira Cruz, Terra de Santa Cruz, Nova Lusitânia ou Cabrália. En 1967, coa primeira Constitución da ditadura militar, o Brasil pasou a chamarse República Federativa do Brasil, nome que se conserva na actual Constitución de 1988. Anteriormente, na época da [[monarquía constitucional]], o nome oficial era o de Imperio do Brasil e, posteriormente, coa proclamación da [[República]] en [[1889]], cambiou a Estados Unidos do Brasil.<ref>{{cita web|url=http://www.planalto.gov.br/ccivil_03/constituicao/Constituiçao91.htm|título = Constitución brasileira de 1891|dataacceso=10 de maio de 2010|editor=Presidência da República}}</ref>
 
Os habitantes naturais do Brasil son denominados segundo a [[Real Academia Galega]] ''brasileiros'',<ref>{{cita web|url=http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=brasileiro|título = Dicionario da Real Academia Galega. Brasileiro|dataacceso=28 de agosto de 2013|editor=Real Academia Galega}}</ref> [[xentilicio]] que foi rexistrado por vez primeira en portugués en [[1706]],<ref name="Houaiss">{{Cita libro|título=Dicionario Houaiss da Lingua Portuguesa|localización=Río de JaneiroXaneiro|editor=Obxectiva|ano=2009|autor= Houaiss, Antônio}}.</ref> aínda que inicialmente só se refería aos que comercializaban pau brasil.<ref name = "Nosa Historia">{{cita libro|autor=Couto, Jorge|título=A construción do Brasil|editor=Cosmos|ano=1997|ISBN=978-9-72808185-0}}.</ref> Porén, non foi até 1824, coa primeira constitución brasileira, que o xentilicio pasou legalmente a designar as persoas naturais do país. En portugués utilízanse ademais outros xentilicios como brasílico, brasílio, brasiliano e brasiliense, este último tamén aceptado pola RAG, aínda que para designar aos habitantes de [[Brasilia]], a capital federal.<ref>{{cita web|url=http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=brasiliano|título = Dicionario da Real Academia Galega. Brasiliano|dataacceso=28 de agosto de 2013|editor=Real Academia Galega}}</ref>
 
== Historia ==
Liña 95:
Para garantir o mantemento da orde colonial interna, alén da defensa do monopolio de explotación económica do Brasil, o foco da administración colonial portuguesa se concentrou tanto en manter so control e erradicar as principais formas de rebelión e resistencia dos escravos, como por exemplo a do [[Quilombo dos Palmares]], como en reprimir todo movemento de autonomía ou [[independencia]] política. A primeira delas foi a revolta de Filipe dos Santos en [[1720]]. Anos máis tarde xurdirían grandes movementos coa intención de proclamar a independencia e reivindicar a abolición da escravitude, como é o caso das Conxuras Mineira ([[1789]]), Carioca ([[1794]]) e Baiana ([[1798]]).
[[Ficheiro:Resposta de Tiradentes.jpg|miniatura|250px|left|Homenaxe aos mártires da Conxura Mineira.]]
A Conxura Minera partiu da elite de [[Minas Xerais]], debido á decadencia da [[minaría]] na segunda metade do [[século XVIII]], o que facía difícil pagar os impostos esixidos pola coroa portuguesa. Ademais, o goberno portugués pretendía promulgar un imposto que esixía que toda a poboación contribuíse coa recadación do 20% do valor do [[ouro]] retirado, afectando incluso aos que non traballaban nas minas. Os colonos subleváronse e pasaron a conspirar contra Portugal para crear un estado independente baixo a forma dunha [[República]], inspirados polas ideas da [[Ilustración]] [[Francia|francesa]] e [[Revolución Americana|independencia]] [[Estados Unidos de América|norteamericana]]. Con todo, os líderes do movemento foron detidos e enviados a [[Río de JaneiroXaneiro]], onde foron xulgados e condenados.
 
A Conxura Baiana, polo contrario, foi un movemento que partiu da clases máis humildes da sociedade de [[Baía, Brasil|Brasil]], con gran participación de xastres ou alfaiates, por iso tamén é coñecida como Revolta dos Alfaiates. Os revolucionarios predicaban a liberación dos escravos, a instauración dun goberno igualitario onde as persoas fosen promovidas de acordo coa capacidade e merecemento individuais, ademais da instauración dunha República na Baía. O [[12 de agosto]] de [[1798]], o movemento precipitouse cando algúns dos seus membros alertaron as autoridades ao distribuír panfletos na porta das igrexas, o que supuxo a súa detención. Centenares de persoas foron denunciadas, detidas, prendidas e procesadas. Catro participantes foron condenados á forca e os restos dos seus corpos foron esparexidos pola baía para agoirar á poboación.
Liña 101:
=== Reino Unido con Portugal ===
{{Artigo principal|Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve|Reino do Brasil}}
[[Ficheiro:Aclamação do rei Dom João VI no Rio de Janeiro.jpg|left|miniatura|250px|Aclamación de [[Xoán VI de Portugal|D. Xoán VI]] en [[Río de JaneiroXaneiro]].]]
A finais de [[1807]], forzas castelás e [[Guerras napoleónicas|napoleónicas]] [[Guerra Peninsular|ameazaron]] a seguridade do [[Portugal continental]], facendo que o príncipe rexente [[Xoán VI de Portugal|Xoán VI]], en nome da raíña [[María I de Portugal|María I]], trasladase a corte real de [[Lisboa]] cara ao Brasil. O estabelecemento da corte portuguesa levou á creación dalgunhas das primeiras institucións brasileiras, como as bolsas de valores locais e un banco nacional. Acabou ademais o [[monopolio]] comercial que Portugal mantiña so o Brasil, liberalizando os trocos comerciais con outras nacións e abrindo os portos á nacións amigas. En [[1809]], en vinganza por ser forzado a un "autoexilio" no Brasil, o príncipe rexente ordenou a conquista portuguesa da [[Güiana Francesa]].
 
Co fin da [[Guerra Peninsular|guerra peninsular]] en [[1814]], os tribunais europeos esixiron que a raíña María I e o príncipe rexente Xoán regresasen a Portugal, xa que consideraban impropio que representantes dunha antiga monarquía europea residisen nunha [[Colonialismo|colonia]]. En [[1815]], para xustificar a súa permanencia no Brasil, onde a corte real estaba a prosperar nos últimos seis anos, creouse o [[Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve]], estabelecendo así un [[monarquía|Estado monárquico]] transatlántico e pluricontinental con capital en [[Río de JaneiroXaneiro]]. Así, o Brasil pasa de ser a única colonia do mundo a converterse, momentaneamente, en metrópole.
 
Iso irritou a sectores da sociedade portuguesa da época e non foi suficiente para calmar a demanda de retorno da corte a Lisboa, como se esixiu na revolución liberal do [[Porto, Portugal|Porto]] en [[1820]], nin o desexo de independencia por parte de grupos brasileiros, como por exemplo a Revolución Pernambucana de [[1817]]. Porén, rexeita retornar e aproba unha lei na cal calquera decisión tomada en Lisboa que afectase a todo o Reino Unido debería ser ratificada por el persoalmente. En 1821, como esixencia por parte dun grupo de revolucionarios que tomaran a cidade do Porto, Xoán VI parte para Lisboa, onde fixo un xuramento á nova [[constitución]], deixando seu fillo, o príncipe [[Pedro I do Brasil|Pedro de Alcántara]] como Rexente do [[Reino do Brasil]].
Liña 113:
[[Xoán VI de Portugal|D. Xoán]] regresou a [[Europa]] o [[26 de abril]] de 1821, deixando ao seu primoxénito, [[Pedro I do Brasil|D. Pedro de Alcántara]], como príncipe rexente. O goberno portugués tentou transformar o Brasil nunha colonia unha vez máis, privando o país do estatuto de [[Reino do Brasil|Reino]] adquirido en 1815. Porén, os brasileiros non cederon e D. Pedro declara a independencia do país do [[Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve]] o [[7 de setembro]] de [[1822]], sendo coroado como [[Imperio do Brasil|primeiro emperador do Brasil]] o [[1 de decembro]].
 
Aínda que os primeiros intentos por independizar ao país do control portugués adoptaron os ideais republicanos, como foi o caso da Conxura Mineira, no [[século XIX]] case tódolos brasileiros estaban a favor dunha [[monarquía]].<ref>{{cita libro|autor=Kraay, Hendrik|título= Lorenzo Aldé|obra=Revista de História da Biblioteca Nacional|localización= Río de JaneiroXaneiro|editorial=SABIN|ano=2009}}</ref><ref>{{cita libro|autor=Buarque de Holanda, Sérgio|título= O Brasil Monárquico: o processo de emancipação|edición= 4ª|localización= São Paulo|editorial= Difusão Europeia do Livro|ano=1976|páxina=403}}</ref> A Guerra de Independencia propagouse por case todo o territorio, aínda que as principais batallas libráronse nas [[Rexión Norte do Brasil|Rexións Norte]], [[Rexión Nordeste do Brasil|Nordeste]] e [[Rexión Sur do Brasil|Sur]] (na provincia Cisplatina, actual [[Uruguai]]). Os últimos soldados portugueses rendéronse o [[8 de marzo]] de [[1824]], sendo a a independencia recoñecida por Portugal máis dun anos despois, o [[29 de agosto]] de [[1825]], no [[Tratado de Río de Janeiro (1825)|Tratado de Río de JaneiroXaneiro]].
 
Tras ser aprobada polos consellos municipais de todo o país, o [[25 de marzo]] de [[1824]] promúlgase a primeira Constitución brasileira.<ref>{{cita libro|autor=Murilo de Carvalho, José|título=A Monarquia brasileira|localización=Río de JaneiroXaneiro|editorial= Ao Livro Técnico|ano= 1993|páxina=23}}</ref> O [[7 de abril]] de [[1831]], Pedro I [[abdicación|abdica]] cando regresou a Europa para [[Guerra Civil portuguesa|recuperar]] o trono da súa familia para a súa filla [[María II de Portugal|D. María]], deixando ao seu fillo de cinco anos, [[Pedro II do Brasil|D. Pedro II]], como sucesor. Como o novo emperador non podía exercer as súas funcións debido á súa idade, creouse unha [[rexencia]]. As disputas entre distintas faccións políticas levaron a unha rexencia inestable, na que houbo rebelións chegando case a adoptarse o [[anarquismo]].<ref>{{cita libro|autor=Dohlnikoff, Miriam|título= Pacto imperial: origens do federalismo no Brasil do século XIX|localización= São Paulo|editorial= Globo|ano= 2005|páxina=206}}</ref> Aínda que os grupos rebeldes non estaban en contra da [[monarquía]], algúns declararon a [[independencia]] das súas provincias formando novas repúblicas independentes mentres [[Pedro II do Brasil|D. Pedro II]] fose incapaz de gobernar. Os casos máis notorios foron o da [[República Rio-Grandense]] (hoxe Estado de [[Río Grande do Sur]]) e [[República Xuliana]] (hoxe [[Santa Catarina, Brasil|Santa Catarina]]) os cales, por medio da guerra dos Farrapos, proclamaron a súa [[Secesión (política)|secesión]] do [[Imperio brasileiro]].<ref>{{cita libro|autor=De Laytano, Dante|data= 1983|título= História da República Rio-Grandense (1835-1845)|localización= Porto Alegre|editorial= Editora Sulina|páxina= 248}}</ref>
 
Debido a todas estas circunstancias, Pedro II foi declarado emperador prematuramente aos catorce anos. A partir de aí, o Brasil gozou de varias décadas de estabilidade política e rápido progreso económico, sendo o seu principal recurso a agricultura, onde o [[café]] era principal produto exportado, chegando presentar unha expansión deste negocio do 900%. Ademais, construíse durante o seu reinado unha ampla rede [[ferrocarril|ferroviaria]], sendo así o segundo país [[América Latina|latinoamericano]] en implantar este tipo de transporte. A nivel bélico, chegou mesmo a posuír a cuarta maior [[Armada (mariña)|armada]] do mundo.<ref>{{cita web|autor=Castro, André Augusto|url=http://www.secom.unb.br/unbagencia/ag0403-03.htm|título=As veias abertas da América do Sul|editor=Universidade de Brasília|data=[[2 de abril]] de [[2003]]|dataacceso=[[29 de agosto]] de [[2013]]}}</ref>
Liña 121:
Durante os 59&nbsp;anos de reinado de Pedro II, o Brasil saíu ben parado de tres guerras internacionais: a [[Guerra Grande|guerra grande]], a guerra contra Aguirre e a [[guerra da Tripla Alianza]], ademais de testemuñar a consolidación da [[democracia]] representativa, grazas sobre todo á realización de sucesivas [[eleccións]] e á [[liberdade de prensa]]. O proceso para extinguir a [[escravitude]] foi moito máis lento, ora que constante. Comezou en [[1850]] coa fin do tráfico internacional de escravos, mais a pesar dos efectos políticos e económicos decorrentes da derrota dos [[Estados Confederados de América|Estados Confederados]] na [[Guerra civil estadounidense|guerra civil americana]] durante a década de [[1860]], non foi até [[1888]], após dun longo proceso de mobilización interna e de debate para a quitar lexitimidade moral e legal á escravitude, que esta foi formalmente abolida.
 
Con todo, dende a independencia a poboación escrava estaba en claro declive: en 1823, o 29% da poboación estaba composta por escravos, mais para 1887 esta porcentaxe reducírase até o 5%. A falta de man de obra a consecuencia da liberación dos escravos foi solucionada coa atracción de centenares de miles de [[inmigración|inmigrantes]], na súa maioría [[italia]]nos e [[Portugal|portugueses]].<ref>{{cita web|url=http://www.scielo.br/img/revistas/rsp/v8s0/03t2.gif|título=Entrada de estrangeiros no Brasil|editor=SciELO Brasil|dataacceso=[[29 de agosto]] de [[2013]]}}</ref> Cando o Imperio foi derrocado o [[15 de novembro]] de [[1889]], houbo pouco interese por parte do pobo brasileiro en trocar a forma de goberno dunha monarquía a unha [[república]] xa que Pedro II estaba no auxe da súa popularidade entre a cidadanía,<ref>{{cita libro|autor=Ermakoff, George|título= Rio de Janeiro - 1840-1900 - Uma crônica fotográfica|localización=Río de JaneiroXaneiro|editorial= G. Ermakoff Casa Editorial|ano= 2006|páxina=189}}</ref> aínda que xa nos anos [[1870]] comezaran a medrar os movementos republicanos. O [[golpe militar]] republicano foi apoiado polos antigos propietarios de escravos que se negaban a aceptar a abolición da escravitude pactada en 1888 polo goberno monárquico.
 
=== A República Vella e a era Vargas ===
Liña 264:
! align=center style="background:#f5f5f5;" | Unidade Federativa
! align=center style="background:#f5f5f5;" | Pob.
! rowspan=11 | <br>[[Ficheiro:Sampa ao entardecer.jpg|border|150px]]<br>[[São Paulo]]<br>[[Ficheiro:Rio night.jpg|150px]]<br>[[Río de JaneiroXaneiro]]<br>[[Ficheiro:Brasilia aerea setorbancariosul.jpg|150px]]<br>[[Brasilia]]<br>[[Ficheiro:Salvador Brazil skyline.jpg|150px]]<br>[[Salvador]]
|-
| align=center style="background:#f0f0f0;" | 1 ||align=left | '''[[São Paulo]]''' || [[Estado de São Paulo|São Paulo]] || 12.106.920|| align=center style="background:#f0f0f0;" | 11 ||align=left | '''[[Goiânia]]''' || [[Goiás]] || 1.466.105
|-
| align=center style="background:#f0f0f0;" | 2 ||align=left | '''[[Río de JaneiroXaneiro]]''' || [[Estado de Río de Janeiro|Río de Janeiro]] || 6.520.266 || align=center style="background:#f0f0f0;" | 12 ||align=left | '''[[Belém, Pará|Belém]]''' || [[Pará]] || 1.452.275
|-
| align=center style="background:#f0f0f0;" | 3 ||align=left | '''[[Brasilia]]''' || [[Distrito Federal, Brasil|Distrito Federal]] || 3.039.444 || align=center style="background:#f0f0f0;" | 13 || align=left | '''[[Guarulhos]]''' || [[Estado de São Paulo|São Paulo]] || 1.349.113
Liña 301:
|20&nbsp;500&nbsp;000
|-
| align=left|[[Río de JaneiroXaneiro]]
|11&nbsp;350&nbsp;000
|-
Liña 400:
[[Ficheiro:Itaipu Dam.jpg|miniatura|esquerda|[[Encoro hidroeléctrico de Itaipú]], a maior [[central hidroeléctrica]] do planeta por produción de [[enerxía]].<ref name="o_globo">{{cita web|url=http://g1.globo.com/videos/natureza/v/itaipu-e-a-maior-hidreletrica-do-mundo-em-geracao-de-energia/1415673/|autor=[[Portal G1|G1]]|título=Itaipu é a maior hidrelétrica do mundo em geração de energia|data=5 de marzo de 2011|dataacceso=22/12/2014|lingua=portugués}}</ref>]]
O Brasil é o décimo maior consumidor de [[enerxía]] do [[Terra|planeta]] e o terceiro maior do [[hemisferio occidental]], por detrás dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o [[Canadá]]. A matriz enerxética brasileira está baseada en [[Enerxía renovable|fontes renovables]], sobre a [[enerxía hidroeléctrica]] e o [[etanol]], amais de [[Recurso non renovábel|fontes non renovábeis]] de enerxía, como o [[petróleo]] e o [[gas natural]]. Ao longo das últimas tres [[década]]s o Brasil está a traballar para crear unha alternativa viábel á [[gasolina]]. Co seu combustíbel á base de [[Cana de azucre]], a nación pode tornarse enerxeticamente independente neste momento. O [[Pro-alcohol]], que tivo orixe na [[década de 1970]], en resposta ás incertezas do mercado do petróleo, colleitou un éxito intermitente. Aínda así, gran parte dos [[brasileiro]]s utilizan os chamados "[[vehículo flex|vehículos flex]]", que funcionan con [[etanol]] ou [[gasolina]] e permite que o [[consumidor]] poida abastecerse da opción máis barata no momento, moitas veces o etanol.
[[Ficheiro:Angra dos Reis - usinas nucleares.jpg|miniatura|[[Central nuclear]] [[Angra 1]] no [[Río de JaneiroXaneiro]]. A [[enerxía nuclear]] representa o 4% da enerxía producida no país.]]
Os [[país]]es con gran consumo de [[combustíbel]] como a [[India]] e a [[República Popular da China|China]] están seguindo o progreso do Brasil nesta área<ref>[http://veja.abril.com.br/070307/p_064.shtml China, India and brazilian ethanol.]</ref>. Amais, países como o [[Xapón]] e [[Suecia]] están Importando etanol brasileiro para axudar a cumprir as súas obrigas ambientais estipuladas no [[Protocolo de Quioto]]<ref>[http://www.universia.com.br/html/noticia/noticia_dentrodocampus_chefd.html Japan and Sweden are importing brazilian ethanol.]</ref>.
 
Liña 406:
 
=== Ciencia e tecnoloxía ===
A produción científica brasileira comezou, efectivamente, nas primeiras [[década]]s do [[século XIX]], cando a [[familia real portuguesa]], comandada por [[Xoán VI de Portugal|Xoán VI]], chegou ao [[Río de Janeiro|Rio de JaneiroXaneiro]], fuxindo da invasión do exército de [[Napoleón]] en [[Portugal]], en [[1807]]. Ata entón, o Brasil era unha pobre [[Colonialismo|colonia]] portuguesa, sen [[universidade]]s e organizacións científicas, en flagrante contraste coas ex-colonias americanas do [[Imperio Español]], que a pesar de teren unha gran parte da [[poboación]] [[analfabetismo|analfabeta]], tiñan un número considerábel de universidades desde o [[século XVI]].
 
[[Ficheiro:Lnls.jpg|miniatura|300px|esquerda|[[Foto panorámica]] do [[laboratorio Nacional de Luz Síncrotron]], en [[Campinas]], [[Estado de São Paulo]], o único [[acelerador de partículas]] do [[hemisferio sur]].]]
Liña 413:
=== Turismo ===
Brasil atraeu, en [[2005]], preto de cinco millóns de turistas estranxeiros<ref>[http://www.rel-uita.org/sectores/hrct/seu_melhor_momento.htm Brasil: seu mellor momento no turismo.]</ref>. Da [[Arxentina]] viñeron 991 mil, dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] 792 mil e de [[Portugal]] 373 mil turistas, ocupando respectivamente os primeiro, segundo e terceiro lugares na clasificación dos principais emisores de turistas para Brasil. Os visitantes deixaron US$ 4 billóns no país, facendo o turismo unha importante actividade económica para Brasil, xerando 678 mil novos empregos directos.
[[Ficheiro:Rio de Janeiro from Sugarloaf mountain, May 2004.jpg|miniatura|O [[Río de JaneiroXaneiro]] é o maior centro turístico do país.]]
 
Eventos en datas e locais específicos, como o [[Reveillon]] e o [[Carnaval]] do [[Río de JaneiroXaneiro]], [[Salvador, Brasil|Salvador]] e [[Recife]], o [[gran Premio de Brasil]] de Fórmula 1 de [[São Paulo]] é o maior convite para turistas nacionais e estranxeiros.
 
Os estados máis visitados polos turistas son o [[Estado de Río de Janeiro]] (34,7 %), [[Santa Catarina, Brasil|Santa Catarina]] (25,1 %), [[Estado do Paraná|Paraná]] (20,3 %), [[Estado de São Paulo]] (16 %), e [[Baía, Brasil|Baía]] (15,5 %). As cidades máis visitadas foron [[Río de JaneiroXaneiro]] (31,5 %), [[Foz do Iguaçu]] (17 %), [[São Paulo]] (13,6 %), [[Florianópolis]] (12,1 %), [[Salvador, Brasil|Salvador]] (11,5 %) e [[Natal, Brasil|Natal]] (9,3 %). Espérase que con políticas rexionais de estímulo ao turismo ese fluxo sexa diversificado, con incremento do turismo ecolóxico, enfocado en rexións como a [[Amazonia]] e o [[Pantanal]]; o turismo histórico, facendo fincapé na [[Estrada Real]] de [[Minas Gerais]]; e o turismo cívico, en [[Brasilia]].
 
=== Transporte ===
Liña 480:
[[Ficheiro:The cathedral metr galleryfull.jpg|miniatura|A catedral de [[Brasilia]].]]
A predominancia do catolicismo tende a decrecer cando se leva en conta o recente ascenso do [[protestantismo]] e a importancia histórica das [[relixións afro-brasileiras]], o [[Candomblé]] e a [[Umbanda]], na formación cultural e ética do pobo brasileiro. Aínda que foron perseguidas ata o comezo do [[século XX]], cando a práctica relixiosa non-católica era reprimida pola policía. Alén diso, é pertinente sinalar o xurdimento de novas relixións de orixe oriental ou esotérica, ata daquela case descoñecidas pola sociedade brasileira.
[[Ficheiro:Cristo Redentor Río de Janeiro.jpg|miniatura|esquerda|A estatua do [[Cristo Redentor]], no [[Río de JaneiroXaneiro]].]]
O [[censo]] demográfico realizado en [[2000]], polo [[IBGE]], apuntou a seguinte composición relixiosa en Brasil<ref>IBGE, ''[http://www.ibge.gov.br/home/estatistica/populacao/censo2000/populacao/religiao_Censo2000.pdf Poboación residente, por sexo e situación do domicilio, segundo a relixión]'', Censo Demográfico 2000. Consultado o 13 de decembro de 2007</ref>:
* 73,8% dos brasileiros (preto de 125 millóns) decláranse [[católico]]s;
Liña 508:
* [http://www.senado.gov.br Senado Brasileiro] informacións de leis e de historia do país, con fotos {{pt}}
* [http://www.embratur.gov.br EMBRATUR - Portal Brasileiro de Turismo] páxina do Ministerio do Turismo brasileiro {{pt}}
* [http://jbonline.terra.com.br Jornal do Brasil] editado na cidade de Río de JaneiroXaneiro {{pt}}
* [http://www.brazilpostcard.com.br Postais Antigas do Brasil] Postais antigas