Leonhard Euler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Infancia e xuventude: René Descartes
Liña 34:
=== Infancia e xuventude ===
[[Ficheiro:Euler-10 Swiss Franc banknote (front).jpg|miniatura|dereita|300px|Billete de 10 francos suízos dedicado a Euler, o máis famoso matemático suízo da historia.]]
Euler naceu en [[Basilea]], fillo de Paul Euler, un [[pastor]] da [[igrexa reformada]], e Marguerite Brucker, filla de pastor. Tivo dúas irmás máis novas que se chamaron Anna Maria e Maria Magdalena. Pouco despois do nacemento de Leonhard, a familia mudouse de Basilea á cidade de [[Riehen]], onde Euler pasou gran parte da súa infancia. Paul Euler foi amigo da [[familia Bernoulli]], e [[Johann Bernoulli]], que entón era recoñecido coma o máis destacado matemático europeo da época, influiría dun xeito importante na mocidade de Leonhard. Mandárono estudar a Basilea, onde comezou a súa educación formal e viviu coa súa avoa materna. Tiña trece anos cando se matriculou na [[Universidade de Basilea]], graduándose en [[filosofía]] no ano [[1723]] cunha disertación comparativa das filosofías de [[René Descartes|Descartes]] e [[Isaac Newton|Newton]]. Os sábados pola tarde recibía naquela época as clases de Johann Bernoulli, quen rapidamente se decatou do seu incrible talento para as matemáticas.<ref name="childhood">James, 2002, p. 2.</ref>
 
A instancia do seu pai, Euler estudaba naquel intre [[teoloxía]], [[lingua grega|grego]], e [[Lingua hebrea|hebreo]] para facerse pastor. Johann Bernoulli interveu, e convenceu a Paul Euler de que o destino de Leonhard era o de se converter nun gran matemático. En 1726, Euler doutorouse cunha disertación sobre a [[velocidade do son|propagación do son]] co título [http://www.17centurymaths.com/contents/euler/e002tr.pdf ''De Sono''] e en 1727, participou na competición organizada pola [[Academia Francesa das Ciencias]]. O problema proposto ese ano era o de achar a mellor forma de colocar o mastro nun barco. Quedou no segundo posto, por detrás de [[Pierre Bouguer]]—coñecido hoxe en día como "o pai da arquitectura naval". De tódolos xeitos Euler chegaría a gañar o cobizado premio nun total de doce veces na súa vida.<ref name="prize">Calinger, 1996, p. 156.</ref>