Diferenzas entre revisións de «John Locke»

m
René Descartes
(*estudi- > estud-.)
m (René Descartes)
 
== Traxectoria ==
Entre os catorce e os vinte anos estudou linguas clásicas na [[Escola de Westminster]]. Posteriormente graduaríase en filosofía en [[Oxford]], aínda que as ensinanzas recibidas, de corte tradicional, non lle satisfixeron en absoluto. Por este motivo púxose a estudar medicina e trabou amizade con [[Sydenham]], famoso médico, e con [[Robert Boyle]], célebre químico tamén. Do contacto con estas disciplinas xurdiu e seu interese polo método empírico, moi usado na medicina, e polo procedemento da análise química, empregado para descubrir os elementos compoñentes da materia. Pero Locke non se dedicou á actividade científica. A lectura das obras de [[René Descartes|Descartes]], [[Gassendi]] e [[Thomas Hobbes|Hobbes]] decidiron o seu destino cara a [[filosofía]]. En 1666 coñece ó [[Conde de Shaftesbury]], cargo político durante parte de reinado de [[Carlos II de Inglaterra|Carlos II]], converténdose no seu secretario e médico persoal. O posterior declive político de Shaftesbury empuxou a Locke a viaxar por [[Francia]]. Finalmente, tras un breve retorno a Inglaterra, e ante os acontecementos adversos no seu país para o partido político dos ''Whigs'', acabou refuxiándose nos [[Países Baixos]]. Cando [[Guillerme I de Orange-Nassau|Guillerme de Orange]] accede ó reinado de Inglaterra Locke volve outra vez e convértese nun personaxe célebre e polémico escribindo sobre os máis diversos temas de interese público, principalmente de tipo relixioso. Cara o ano 1700 comeza a ter problemas de saúde. Un ano antes de morrer escribe nunha carta ó seu amigo A. Collins: ''amar a verdade por si mesma é a parte máis importante da perfección humana neste mundo, e a base de todas as demais virtudes''.
 
As principais obras de Locke son ''Carta sobre a tolerancia'' (1689), ''Dous tratados sobre o goberno'' (1690), ''Ensaio sobre o entendemento humano'' (1690) e ''A racionalidade do cristianismo exposta conforme á Escritura'' (1695).
107.216

edicións