Colección Arealonga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Estevo (conversa | contribucións)
Corrixo o número de títulos: "maís de 60" por "maís de 30"
Estevo (conversa | contribucións)
Elimino referencia a novela de Ramón Venezuela Non agardei por ninguén que non é da colección arealonga, se non de Arealonguiña
Liña 10:
 
Cabe recordar que nesta época, a década dos 70, a [[franquismo|ditadura franquista]] estaba a chegar ao seu fin, e é cando Ramón Akal resulta sinalado como un dos inimigos desta por algunhas das súas publicacións que reflectían ideas contrarias ao réxime.{{Cómpre referencia}} O ditador [[Francisco Franco]] limitaba a difusión de linguas e culturas como a galega, catalá e éuscaro,{{Cómpre referencia}} algo que fixo que algúns escritores se visen obrigados a modificar a súa expresión e moderar algunhas das súas opinións. A lingua oficial exclusiva e a única válida na escritura era o castelán,{{Cómpre referencia}} polo que cando xurdía algunha figura posicionándose en contra deste feito, reivindicando protagonismo para a lingua galega, se levaban a cabo persecucións e sabotaxes para evitar a súa propagación.{{Cómpre referencia}} Coa morte do xeneral Franco o [[20 de novembro]] de 1975, finaliza a ditadura e iníciase un período coñecido como [[Transición Española]], que ten lugar entre [[1975]] e [[1978]], durante o cal ten lugar o proceso de recuperación do galego e a súa cultura.{{Cómpre referencia}}
 
Se nos centramos na Colección Arealonga, un dos seus títulos máis polémicos é ''Non agardei por ninguen'', de [[Ramón Valenzuela]] (pertencente ao [[Partido Comunista de España]], igual que [[Xesús Alonso Montero]]), publicada en 1978 na colección, tivo como consecuencia a declaración de Ramón Akal ante o Tribunal Militar por inxurias ao [[Forzas Armadas de España|Exército Español]]. Ademais, Akal chegou a ter máis de 15 procesos polo antigo [[Tribunal de Orde Pública]] e outro polo Xulgado de Prensa e Imprenta.{{Cómpre referencia}}
 
== Autores ==