Viño tinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
É importante facer a [[vendima]] no momento axeitado de madureza dos froitos da [[vide]]. Na recollida, é común desbotar os [[acio]]s verdes ou danados para que non afecten o sabor do viño resultante.
 
Os acios de [[uva]] retíranse da vide a man con [[tesoiras]], ou de forma mecanizada no caso das viñas emparradas en [[espaleira]]s. No caso manual adoitan depositarse en grandes [[cesto]]s que, despois de encherse, son volcados en [[tractor]]es, para trasladalos á [[Adega (industria)|adega]].
 
Para viños selectos, a uva recóllese en pequenos cestos e transpórtase neles até a adega, para evitar que a uva se esmague e comece a súa [[fermentación]] durante o transporte, para que todo o proceso poida controlarse na adega.