Diferenzas entre revisións de «Vesícula»

O revestimento das vesículas serve para conformar a superficie da membrana doante, e para seleccionar as proteínas específicas que formarán a carga a transportar dentro da vesícula. A selección das proteínas da carga faise uníndoas a certas marcas de clasificación que teñen ditas proteínas. Os complexos ou clusters proteicos do revestimento da vesícula seleccionan proteínas de membrana de carga nas vesículas que se evaxinan.
 
Hai tres tipos de revestimentos vesiculares, chamados coatómeros[[coatómero]]s: [[clatrina]], [[COPI]] e [[COPII]]. Os revestimentos de clatrina son típicos das vesículas que fan o transporte entre o [[aparato de Golgi]] e a [[membrana plasmática]], ou entre o Golgi e os [[endosoma]]s, ou entre a membrana plasmática e os endosomas. As vesículas revestidas COPI son as responsables do transporte retrógrado desde o Golgi ao [[retículo endoplasmático]]. Finalmente, as vesículas revestidas COPII encárganse do transporte anterógrado desde o retículo endoplasmático ao Golgi.
 
O revestimento de [[clatrina]] pénsase que se ensambla en resposta á [[proteína G|proteína regulatoria G]]. O revestimento de coatómeros ensámblase e desensámblase debido á proteína ARF ou [[ARF|factor de ADP-ribosilación]].
185.347

edicións