Abrir o menú principal

Cambios

Axustes previos á publicación do artigo.
[[Ficheiro:Tetarteron_Nikephoros_II._Phokas_963_-_969_4,10g_gepraegt_965_-_969.jpg|dereita|miniatura|[[Nomisma|Tetarteron nomisma]] de [[Nicéforo II|Nicéforo II Focas]]]]
[[Ficheiro:Histamenon_NIKEPHOROS_II._Phokas_963-969_4,42_g.jpg|dereita|miniatura|[[Nomisma|Histamenon nomisma]] de Nicéforo II Focas]]
[[Ficheiro:GoldBezantHughIOfCyprus1205-1218.jpg|miniatura|120px|[[Besante]] [[Chipre|chipriota]] a nome de [[Hugo I de Chipre|Hugo I]] ([[1205]]-[[1218]])]]
{{Artigo principal|Sólido (moeda)}}
{{Artigo principal|Nomisma}}
 
Cuñado por primeira vez no obradoiro monetario de [[Tréveris|Trier]] cara a [[310]], o sólido era unha moeda de ouro creado por Constantino I ([[306]]-[[337]]) para financiar o seu [[exército]], en substitución do [[áureo]]'', ''que fora ata entón a moeda de ouro do Imperio''.''<ref>"[http://www.sacra-moneta.com/Numismatique-romaine/Les-monnaies-d-or-romaines.html La création du Solidus par Constantin]". En ''Les monnaies d'or romaines. www.sacra-moneta.com''</ref><ref>Jarpagon (2007). Páxina 325.</ref> A finais do século IV equivalía a 1/72 [[Libra (masa)|libra]], cunha pureza de 24 [[quilate|quilates]] de ouro e un peso 4,5 [[Gramo|gramos]]. Coa nova denominación de nomisma, permaneceu como base do sistema monetario bizantino durante dez séculos e, mesmo, mantivo a súa vixencia durante un longo tempo de no [[norte de África]] e nos [[Conca do Mediterráneo|países da conca Mediterránea]].<ref>Morrisson (2004). Páxina 218.</ref><ref>"Glosario de unidades monetarias: Sólido". En Pita Fernández, Ricardo Luís. ''Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda''. Santiago de Compostela, 1999. ISBN 84-605-9958-2</ref><ref>Alfaro Asíns, C. et al. "Sólido". En ''[http://studylib.es/doc/5930224/diccionario-de-numism%C3%A1tica Diccionario de numismática]''. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 </ref>
 
 
Se o nomisma "pesado" e o nomisma "lixeiro" tiñan nos seus inicios unha mema aparencia, baixo [[Basilio II]] ([[976]]-[[1025]]) caracterizaron na súa forma as súas diferenzas: mentres que o ''tetarteron nomisma'' pasou a ter un tamaño menor, o ''histamenon nomisma'' fíxose máis grande e máis groso. Baixo o [[Lista de emperadores bizantinos|emperador]] [[Constantino VII]] ([[1025]]-[[1028]]) ampliáronse as diferenzas: o tetarteron pasou a ter un diámetro de 18 [[mm]] e un peso de 3,98 gramos, mentres que o ''histamenon'' alcanzou un diámetro de 25 mm e adquiriu unha forma cóncava (o nomisma orixinal, previo á diferenciación, tiña un diámetro de 20 mm). Esta peculiar forma foi ampliada posteriormente ás moedas bizantinas de [[electro]] ([[aliaxe]] de ouro e prata) e de [[billón]] (aliaxe de prata e cobre). Ata o comezo do [[século XI]], o nomisma (tanto o ''histamenon'' coma o ''tetarteron'') mantivo unha pureza case uniforme, cun contido de ouro de entre 23 e 23,5 quilates. A partir do emperador [[Miguel IV]] ([[1034]]-[[1041]]), nado nunha familia de cambistas en [[Paflagonia]] (e que exerceu este oficio antes de casar coa emperatriz [[Zoe]]), houbo unha desvalorización progresiva da moeda bizantino, debida á diminución do seu contido en ouro.<ref>Kazhdan (1991). "Michael IV Paphlagon". Páxina 1.365.</ref> Dunha pureza de 21 quilates (87,5 % de pureza) con [[Constantino IX]] ([[1042]]-[[1055]]), baixou a 18 quilates (75 % de pureza) con [[Constantino X Ducas|Constantino X]] ([[1059]]-[[1067]]), a 16 quilates (66,7% de pureza) con [[Romano IV Dióxenes|Romano IV]] ([[1068]]-[[1071]]), a 14 quilates (58 % de pureza) con [[Miguel VII Ducas|Miguel VII]] ([[1071]]-[[1078]]), a 8 quilates (pureza do 33 %) baixo [[Nicéforo III]] ([[1078]]-[[1081]]) e preto de 0 quilates durante a primeira parte do reinado de [[Aleixo I Comneno|Aleixo I]] ([[1081]]-[[1118]]).
 
O termo [[besante]] (do [[Lingua francesa|francés antigo]]: ''besant'') utilizouse en [[Europa Occidental]] durante a [[Idade Media]], sobre todo entre os [[Século X|séculos X]] e [[XIII]], para designar varias [[Moeda|moedas]] de [[Oriente Medio|orientais]] e da [[Conca do Mediterráneo|área mediterránea]], de ouro, derivadas do sólido bizantino e do nomisma, entre elas o [[hyperpyron]].
 
=== O hiperpyron ===
{{Artigo principal|Hyperpyron}}
[[Ficheiro:Hyperryron-Manuel I-sb1965.jpg|dereita|miniatura|[[Hyperpyron]] de [[Manuel I Comneno]]]]
Durante a segunda parte do seu reinado, Aleixo I procedeu a unha reforma radical do sistema monetario. O nomisma desaparece nas súas dúas variedades (''histamenon'' e ''tetarteron'') e substitúese por unha nova moeda de ouro, o [[hyperpyron]], cunha pureza do 90 %, un peso de 4,45 gramos e un diámetro lixeiramente menor co do vello nomisma.<ref>Alfaro Asíns, C. et al. (2009). "Hyperpyron".</ref>
 
O hyperpyron permaneceu en circulación ata a caída de Constantinopla en 1453. Con todo, desvalorizouse significativamente ata que, no reinado conxunto de Xoán V ([[1347]]-[[1353]]) e [[Xoán VI Cantacuzeno|Xoán VI]] ([[1347]]-[[1353]]), deixou de ser cuñado.<ref>Sear (1987). Nº 2.526.</ref><ref>Sommer (2010). Nº 84,1.</ref>
[[Ficheiro:Hexagram-Constans_II_and_Constantine_IV-sb0995.jpg|dereita|miniatura|[[Hexagrama]] de [[Constante II]] e Constantino IV]]
[[Ficheiro:Leo_III_and_Constantine_V_miliaresion.jpg|dereita|miniatura| Reprodución do primeiro [[miliaresion]] emitido polo [[Lista de emperadores bizantinos|emperador]] [[iconoclasta]] [[León III, Emperador|León III]], para celebrar a coroación do seu fillo [[Constantino V]]. É salientable a ausencia de figura humana, substituída pola cruz.]]
[[Ficheiro:Aspron Trachy of Andronicus I, 1183-1185 AD.jpg|dereita|miniatura|[[Aspro]] de [[Andrónico I Comneno]] ([[1183]]-[[1185]])]]
[[Ficheiro:Giovanni V di Bisanzio monete.jpg|miniatura|[[Stavraton]] de [[Xoán V Paleólogo]]]]
 
Durante un longo tempo, a prata non xogou máis ca un papel subalterno no sistema monetario bizantino, debido a que o valor deste metal flutuaba constantemente en relación ao do ouro.
 
{{Artigo principal|Miliaresion}}
Baixo [[León III, Emperador|León III]] ([[717]]-[[741]]) apareceu unha nova moeda de prata chamada [[miliaresion]], chamada así porque nos seus inicios tiña o valor de 1.000 nummi de cobre.<ref>Alfaro Asíns, C. et al. (2009). "Miliaresion".</ref> Foi emitida para celebrar a coroación do seu fillo Constantino como co-emperador en [[720]]. Estas pezas estaban cuñadas sobre dirhams árabes e valían 1/12 de nomisma.<ref>Treadgold (1997). Páxina 340.</ref>
 
=== O aspro ===
{{Artigo principal|Aspro}}
A reforma de Aleixo I, caracterizada pola introdución do hyperpyron, trouxo tamén unha moeda de [[electro]] denominada aspro ou ''aspron trachy'', que valía un terzo do hyperpyron e contaba con aproximadamente un 25 % de ouro e un 75 % de prata. Paralelamente, emitíronse aspros de [[billón]], valorados na corentaeoitoava parte do hyperpyron, cun 7 % de prata wash y el cobre tetarteron y noummion en valor 18 y 36 a billon aspron trachy.<ref>Alfaro Asíns, C. et al. (2009). "Aspron trachy".</ref>
 
=== O stavraton ===
{{Artigo principal|Stavraton}}
Durante a derradeira etapa da moeda do Imperio Bizantino, as emisións en ouro volvéronse moi discontinuas e, a partir dunha nova reforma do sistema monetario que tivo lugar en [[1367]], baixo [[Xoán V Paleólogo]], apareceu unha nova moeda de prata cunha emisión regular, chamada [[stavraton]], da que se cuñou a unidade, a metade, un oitavo e un dezaseisavo. Esta moeda era no seu momento a de máis valor do sistema, cun valor da metade do hyperpyron, cando este xa non estaba en circulación. O peso inicial do stavraton era de 8,5 gramos, aínda que máis tarde baixou a 7,4 gramos.<ref>Hendy (1985). Páxina 540.</ref> <ref>Kazhdan (1991). Páxinas 965 e 1.946.</ref><ref>Grierson (1999). Páxinas 16, 17 e 45.</ref>
 
== Sistema de cobre ==
14.751

edicións