Glenn Branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 35:
A partir da "Symphony No. 7", Branca comezou a compoñer para orquestra tradicional, a pesar de que nunca abandonou a guitarra eléctrica. Branca tamén fai duetos con guitarras excesivamente amplificadas coa súa muller, e dirixiu a súa ''13th symphony'' para 100 guitarras eléctricas na base do [[World Trade Center]] en xuño do ano [[2001]]. Dende entón, o seu conxunto de 100 guitarras actuou en 10 cidades dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Europa]]. En [[2008]] compuxo a súa 14ª sinfonía, titulada "The Harmonic Series", que é interpretada por unha orquestra tradicional. O primeiro movemento desta sinfonía, chamado "2,000,000,000 Light Years From Home", estreouse en [[St. Louis, Missouri|St. Louis]] interpretada pola the St. Louis Symphony Orchestra dirixida por David Robertson o [[13 de novembro]] do ano [[2008]]. Foi a décimo segunda gran orquestra en interpretar un traballo de Branca dende [[1986]].
 
En [[2008]] tamén foi premiado cunha becabolsa da Foundation for Contemporary Arts Grants to Artists Award. En [[2010]] Fortissimo Records relanzou o seu álbum de [[1981]] ''[[The Ascension]]'' como unha edición especial en vinilo de 180 gramos e Branca compuxo a peza "The Ascension: The Sequel", publicada o mesmo ano a través do selo Systems Neutralizers. Esta peza de continuación xerou un renovado interese polo seu traballo e tivo destacadas actuacións nos festivais [[Primavera Sound]] e [[Villette Sonique]] en [[2011]].
 
En outubro de [[2014]] Branca estreou ''Ascension Three'', e xirou co Glenn Branca Ensemble por [[Europa]]. En febreiro de [[2015]] a súa segunda peza para 10 guitarras eléctricas, "Symphony No. 16 (Orgasm)", foi estreada na Cité de la Musique de [[París]]. The Light (for David) para catro guitarras, baixo e batería, estreouse en outubro de [[2016]] na Roulette de [[Brooklyn]].<ref>{{cita web|título=David Bowie as Muse? Why One Composer Says So|url=https://www.nytimes.com/2016/10/08/arts/music/david-bowie-as-muse-why-one-composer-says-so.html|editor=The New York Times|dataacceso=15 de maio de 2018}}</ref>