Diferenzas entre revisións de «Glenn Branca»

mSem resumo de edição
A principios dos 80 realizou varias composicións para conxuntos de guitarras eléctricas, como ''The Ascension'' ([[1981]]) e ''Indeterminate Activity of Resultant Masses'' ([[1981]]). Pouco despois comezou a compoñer sinfonías para orquestras de guitarras eléctricas e percusión, que mesturaban cacofonía ''droning'' industrial e microtonalidade cunhas case místicas e avanzadas matemáticas. Comezando coa Sinfonía No. 3 ("Gloria") (1983), empezou a compoñer sistematicamente para as series harmónicas. Neste proxecto, Branca esto inicialmente influenciado polos escritos de [[Dane Rudhyar]], [[Hermann von Helmholtz]], e [[Harry Partch]]. Tamén construíu varios instrumentos amplificados electricamente da súa propia invención, expandindo o seu conxunto máis aló da guitarra. Un feixe deses instrumentos eran [[cítara]]s de tres pontes que bautizou como "mallet guitars" (guitarras de mazo), porque eran instrumentos de percusión tocados con baquetas, e cimbalóns eléctricos monotón cunha terceira ponte adicional en posicións resoantes. Entre os primeiros membros do seu grupo estaban [[Thurston Moore]] e [[Lee Ranaldo]] de [[Sonic Youth]], Page Hamilton de [[Helmet]] e varios membros de [[Swans]] como Michael Gira e Dan Braun.
 
=== Dos 90 ata o presente2018 ===
A principios dos 90, David Baratier intentou documentar o estilo de ensinanza de Branca en ''They Walked in Line''. En setembro de [[1996]], The Glenn Branca Ensemble tocou na cerimonia de apertura do ''Aarhus Festival'' en [[Dinamarca]]. A cerimonia tivo lugar na ópera Musikhuset, e entre a audiencia estaba a raíña de [[Dinamarca]] e o alcalde de [[Aarhus]] entre outras personalidades. Despois de recibir máis de 25 grandes encargos dende [[1981]] a música de Branca comezou finalmente a ser recoñecida entre os académicos. Algúns estudosos, entre os que destaca Kyle Gann, considérano (xunto con Rhys Chatham) como membro da nova corrente do post-minimalismo, a escola totalista.
 
A partir da "Symphony No. 7", Branca comezou a compoñer para orquestra tradicional, a pesar de que nunca abandonou a guitarra eléctrica. Branca tamén fai duetos con guitarras excesivamente amplificadas coa súa muller, e dirixiu a súa ''13th symphony'' para 100 guitarras eléctricas na base do [[World Trade Center]] en xuño do ano [[2001]]. Dende entón, o seu conxunto de 100 guitarras actuou en 10 cidades dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Europa]]. NaEn actualidade está[[2008]] compoñendocompuxo a súa 14ª sinfonía, titulada "The Harmonic Series", que é interpretada por unha orquestra tradicional. O primeiro movemento desta sinfonía, chamado "2,000,000,000 Light Years From Home", estreouse en [[St. Louis, Missouri|St. Louis]] interpretada pola the St. Louis Symphony Orchestra dirixida por David Robertson o [[13 de novembro]] do ano [[2008]]. Foi a décimo segunda gran orquestra en interpretar un traballo de Branca dende [[1986]].
 
En [[2008]] tamén foi premiado cunha beca da Foundation for Contemporary Arts Grants to Artists Award. En [[2010]] Fortissimo Records relanzou o seu álbum de [[1981]] ''[[The Ascension]]'' como unha edición especial en vinilo de 180 gramos e Branca compuxo a peza "The Ascension: The Sequel", publicada o mesmo ano a través do selo Systems Neutralizers. Esta peza de continuación xerou un renovado interese polo seu traballo e tivo destacadas actuacións nos festivais [[Primavera Sound]] e [[Villette Sonique]] en [[2011]].
 
En outubro de [[2014]] Branca estreou ''Ascension Three'', e xirou co Glenn Branca Ensemble por [[Europa]]. En febreiro de [[2015]] a súa segunda peza para 10 guitarras eléctricas, "Symphony No. 16 (Orgasm)", foi estreada na Cité de la Musique de [[París]]. The Light (for David) para catro guitarras, baixo e batería, estreouse en outubro de [[2016]] na Roulette de [[Brooklyn]].<ref>{{cita web|título=David Bowie as Muse? Why One Composer Says So|url=https://www.nytimes.com/2016/10/08/arts/music/david-bowie-as-muse-why-one-composer-says-so.html|editor=The New York Times|dataacceso=15 de maio de 2018}}</ref>
 
O [[14 de maio]] de [[2018]] a páxina oficial de Facebook de Reg Bloor, a súa muller, revelou nunha mensaxe que Branca morrera de cancro de gorxa a noite anterior aos 69 anos de idade.<ref>{{cita web|título=Anuncio da morte de Branca|url=https://www.facebook.com/RegBloorOfficial/posts/1711187462281298|editor=Facebook de Reg Bloor|dataacceso=15 de maio de 2018}}</ref>
 
== Véxase tamén ==
66.427

edicións