Hogmanay: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Inserción de categoría.
Liña 1:
{{sen categoría}}
'''Hogmanay''' é unha palabra [[Escocia|escocesa]]<ref>The Concise Scots Dictionary Cambers (1985) ISBN 0-08-028491-4</ref> usada para referirse ao derradeiro día do ano e, polo tanto, á maneira na que se celebra o Fin de Ano segundo o [[calendario gregoriano]] en [[Escocia]]. Normalmente vén sucedida de máis festexos na mañá do 1 de xaneiro (día de [[Aninovo]]) e, nalgúns casos, do 2 (festivo nacional). A orixe da celebración non está clara, mais é probable que derive de prácticas relixiosas escandinavas e gaélicas. Aínda que a tradición varía ao longo da rexión, o habitual é visitar a amigos e veciños e facerlles regalos. Ademais, préstaselle especial atención ao ''first-foot'', a primeira persoa do ano en entrar na casa dunha familia, pois é símbolo de boa sorte.