Grupo Brais Pinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 16:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Ramón Otero Pedrayo, 1928, Ruínas de San Domingos.jpg|miniatura|Ramón Otero Pedrayo mantivo unaunha estreita relación cos membros do grupo Brais Pinto]]
Brais Pinto tivo o seu punto de orixe en Madrid no ano 1958, constituído por un grupo de estudantes e traballadores galegos que vivían na capital<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Gonçales Blasco|nome=Luís|data=2000|título=Algo sobre Brais Pinto e as minhas relaçons com o fato|PMC=|revista=Agália|doi=|ISSN=|PMID=|volume=|páxinas=|número=63-64}}</ref>. O grupo concretouse no café madrileño Os Mariscos<ref>{{Cita libro|título=De Xente Nova a Brais Pinto : memorias dun afiador rebelde|apelidos=Fernández Ferreiro|nome=Xosé|editorial=Xerais|ano=2012|ISBN=9788499143477|páxina=80|ref=}}</ref>, unha orixe humilde que encaixaba cos seus propósitos. Os seus primeiros integrantes foron [[Bautista Álvarez]], [[César Arias]], [[Xosé Cribeiro]], [[Xosé Fernández Ferreiro]], [[Bernardino Graña]], [[Ramón Lorenzo|Ramón Lourenzo]], [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] e [[Reimundo Patiño]]; e a eles incorporouse [[Herminio Barreiro]] un ano máis tarde. Todos eles estaban dispostos a traballar pola causa galega, un interese que conformou un dos trazos característicos do grupo.