Hogmanay: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
arranxiños
Liña 1:
'''Hogmanay''' é unha palabra [[Escocia|escocesa]]<ref>The Concise Scots Dictionary Cambers (1985) ISBN 0-08-028491-4</ref> usada para referirse ao derradeiro día do ano e, polo tanto, á maneira na que se celebra o Fin de Ano segundo o [[calendario gregoriano]] en [[Escocia]]. Normalmente vén sucedida de máis festexos na mañá do 1 de xaneiro (día de [[Aninovo]]) e, nalgúns casos, do 2 (festivo nacional). A orixe da celebración non está clara, mais é probable que derive de prácticas relixiosas escandinavas e gaélicas. Aínda que a tradición varía ao longo da rexión, o habitual é visitar a amigos e veciños e facerlles regalos. Ademais, préstaselle especial atención ao ''first-foot'', a primeira persoa do ano en entrar na casa dunha familia, pois é símbolo de boa sorte.
 
==Orixe da celebración==
Xunto á incorporación de diferentes costumes da festividade gaélica de [[Samaín]] (a orixe de [[Halloween]]), é probable que as raíces de Hogmanay se atopen na celebración que se levaba a cabo en [[Escandinavia]] para conmemorar o solsticio de inverno. Os [[Viquingo|viquingos]] celebraban así as Festas de Jól, que máis tarde conformaron desde o 25 de decembro ata o 5 de xaneiro os Doce Días de Nadal (''Twelve Days of Christmas'' ou ''Daft Days'', como os denominaban ás veces os escoceses). Porén, o tradicional en Escocia non era celebrar o [[Nadal]] como tal, senón o Hogmanay, posiblemente como resultado da [[Reforma protestante]] tras a cal o Nadal se viu como “demasiado papista”.
 
==Tradicións==
Liña 14:
Os ''first-footers'' trouxeron unha vez consigo un arenque decorado ás comunidades pesqueiras da costa occidental e en [[Dundee]]. En Falkland, Fife, os homes da vila desfilan nunha procesión de fachos cara o cume de Lomond Hills en canto se aproxima a medianoite. Os pasteleiros de St. Andrews cociñan tartas especiais para a celebración (coñecida como ”Cake Day”) e repártenas entre os nenos da zona.
 
En [[Glasgow]] e outras zonas centrais de Escocia, a tradición consiste en cantar, bailar, comer pastel de carne ou cocido, beber e contar contos.
 
As institucións tamén teñen os seus propios costumes, por exemplo, entre os rexementos militares escoceses, os oficiais serven ó resto da cuadrilla a cea e cando as campás repican, o ano vello celébrase fóra das portas do cuartel. Seguidamente o sentinela pregunta: “Quen vai aí?” OÓ cal os de fóra responden “O Aninovo, todo ben.”
 
Un antigo costume das [[Highlands]], que sobreviviu ata a actualidade e agora comeza a rexurdir, consiste en celebrar o Hogmanay bendicindo a casa e o gando (a palabra escocesa para referirse ao acto de bendicir e protexer é a de ‘’saining’’). Así, na mañá de Aninovo, o cabeza de familia bebe e verte por toda a casa “auga máxica” dun “vao de mortos e vivos” (o vao dun río que acostumaban a cruzar tanto vivos coma mortos). Logo de verter auga en cada habitación, sobre as camas e sobre os membros da familia, péchanse todas as portas e fiestras e préndeselle lume a unha póla de cimbro, que logo se utiliza para fumigar a casa e as cortes. Déixase que o fume do cimbro as invada totalmente ata que todo o mundo esbirra e tose. Despois, abren de novo portas e fiestras para que entre o aire frío e fresco do Aninovo. Tradicionalmente, a muller da casa serve [[whisky]] como reconstituínte, e toda a familia senta para tomar o primeiro almorzo do ano.
 
==''Auld Lang Syne''==
Liña 26:
==Celebración en Escocia==
 
Como en gran parte do mundo, as principais cidades de Escocia ([[Glasgow]], [[Edimburgo]] e [[Aberdeen]]), así como [[Stirling]] e [[Inverness]], albergan celebracións que duran toda a noite. As de Edimburgo atópanse entre as máis multitudinarias do planeta e, de feito, o [[Libro Guinness dos Récords]] nomeou a da noite de 1996 a 1997 como a maior celebración de Aninovo do mundo, con aproximadamente 400.000 asistentes. Desde entón, limitouse o aforo por motivos de seguridade.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.hogmanay.net/ Hogmanay.net]
 
 
 
{{control de autoridades}}